Saída á Casa do Patrón

 Dentro deste Ano da Historia, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria realizou unha saída na que aprenderon da historia da nosa terra na Casa do Patrón, en Lalín. Ademais de visitar as distintas estancias, nas que se recrean distintos oficios e fogares tradicionais, tamén realizaron un obradoiro no que fixeron o seu propio queixo de maneira artesanal. Unha saída na que, de maneira lúdica, viron unha parte da nosa historia.






























Recital poético

  Un ano máis, o alumnado voluntario da biblioteca realizou un recital poético adicado aos usuarios e usuarias da residencia Os Tercios de Touro. Como este ano o Día das Letras Galegas homenaxea ás cantareiras, os poemas recitados son fragmentos de cantigas tradicionais recollidas de diversas fontes. Como ademais entre as voluntarias hai algunha pandereteira, remata o recital con unha sorpresa que agardamos vos guste. 

Un saúdo moi agarimoso para todos os residentes e traballadoras da residencia e moitas grazas aos voluntarios e voluntarias!


Recital poético






Día da Árbore e da Poesía

 O pasado 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e o Día da Árbore e, para celebralo, no noso cole plantamos unha oliveira e levamos a cabo un recital de poesía. O acto estaba previsto para o propio día 21, pero por mor do mal tempo, tivo que ser adiado ata o mércores 26. Saímos ao lugar da plantación todo o alumnado de Infantil e Primaria, cada clase recitou un poema e despois, entre todos botamos terra para plantar a nosa nova árbore, unha fermosa oliveira, símbolo da paz. Feliz Día da Poesía e da Árbore!