O pasado xoves, 18 de maio, o alumnado do club de lectura gozou dun roteiro literario polas rúas de Vigo. Despois da lectura de "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas, decidimos seguir as pegadas deste autor pola cidade de Vigo. Así, acompañados do noso guía, nada máis e nada menos que o capitán Nemo, percorrimos as rúas da zona antiga da cidade, saíndo dende O Castro, ata rematar na escultura que homenaxea a Xulio Verne xa na zona do porto. Rematamos a nosa visita na praia de Samil, ollando cara as Illas Cíes que teñen un papel moi importante en "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta".
Foi unha xornada que nos permitiu coñecer Vigo como nunca antes, descubrir máis sobre a cidade e as vistias do xenial autor á mesma, pero sobre todo, gozar dunha xornada diferente cos compañeiros e compañeiras. Un día para recordar, seguro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario