Durante este curso, o alumnado e as profes de Infantil estiveron a traballar moito sobre a PDI do centro, "O mar". Queremos compartir todas esas actividades con vós e darlles os parabéns por todo ese traballo!
- Comezaron o curso distribuíndo ao alumnado en grupos nomeados con distintos animais mariños. e rotulando distintos elementos da aula cos mesmos. Así, houbo o grupo dos golfiños, das baleas, dos tiburóns...
- Realizaron distintas visitas relacionadas co mar: á peixeira do pobo, á Casa dos peixes de A Coruña e á sala Numax, en Santiago, donde visionaron o conto "O caracol e a balea".
- Exploraron, na clase, as distintas partes dun peixe.
- Elaboraron un abecedario de animais mariños.
- Realizaron colgadoiros para a porta polo Día do libro.
- Obradoiros de cociña nos que fixeron a seguinte receita: aperitivo de sardiñas con queixo.
- Observaron, clasificaron e contaron cunchas.
- Elaboraron varios murais: un sobre o fondo mariño para a aula, un sobre o Peixe Arco da Vella con motivo do 25N, outro con animais monstruosos do fondo abisal para o Samagosto e participaron no concurso "Portas do mar".
- Decoraron cunchas de ameixas, aportadas polas familias, relacionadas co Samaín.
- Elaboraron un calendario de Advento con cunchas de vieiras, que tamén decoraron, para traballar o vocabulario desas datas festivas.
- Realizaron debuxo sobre a marea negra provocada polo desastre do "Prestige" e visitaron a exposición que recordaba os 20 anos desta traxedia.
- Decoraron un gorro pirata baixo o lema "Piratas pola paz" e realizaron carautas mariñas no Entroido.
- Crearon o seu propio xogo da Oca con vocabulario relacionado co proxecto dos piratas e cuxa finalidade era conseguir o tesouro.
- Decoraron as fiestras da aula cos mares de Galicia: o mar Cantábrico e o océano Atlántico.
- Construíron o seu propio barco con materiais biodegradables, que foi levado a un río contaminado da contorna baixo o lema "Queremos un río limpo".
- Tiveron unha gran participación por parte das familias. Cada familia buscou información sobre un animal mariño elixido polo alumno ou alumna para despois ir á aula para falar del, apoiándose en maquetas e murais que despois foron expostas para o resto de alumnado de infantil... Outros fixeron manualidades.
- Realizaron manualidades mariñas con distintos tipos de materiais:
- Modelaron, con pasta branca, un cachalote.
- Modelaron, con platilina, animais mariños.
- Realizaron unha medusa con goma eva e papel.
- Modelaron unha estrela de mar con papel maché.
- Realizaron maquetas de tartarugas acuáticas.
- Colorearon o peixe globo realizado por unha familia con papel maché.
Ningún comentario:
Publicar un comentario