- O alumnado de 5º de Infantil comezou o curso traballando o conto "O Polbo Morado vai á escola", do que fixeron títeres e unha representación que se pode ver no vídeo. Cada un elaborou o seu conto escribindo e debuxando.
- Colaboraron na realización do mural do 25N co resto de alumnado e Infantil e elaboraron os seus porpios peixes Arcodavella.
- Realizaron adornos de Nadal con cunchas de mexillóns que converteron en Papá Noel.
- Para os aniversarios da aula crearon as súas coroas mariñas e agasallamos aos compañeiros e compañeiras con debuxos en marcos mariños.
- Para as súas merendas saudables elaboraron peixes con froita que logo comeron.
- Con motivo do Día mundial da auga crearon ruletas coas que aprenderon o ciclo da auga. Tamén decoraron unhas nubes con gotas de auga e con pasta de modelar, e empregando como molde unha cuncha de mexillón, fixeron as súas gotas de auga que logo pintaron e converteron en colgantes.
- Fixeron barcos con cáscaras de noces e con tonas de laranxas que logo tiraron ao río.
- Decoraron coras de piratas, baixo o lema "Piratas pola paz" para o Día da paz, e fixeron barcos de papel nos que escribiron palabras e mensaxes de paz e solidariedade.
- Foron completando o seu mural do fondo mariño, durante todo o curso, con polbos feitos con rolos de cartón, cabaliños de mar de cartón, peixes, algas de cores, quenllas...
- Durante o segundo trimestre traballaron o proxecto "Os piratas": no Entroido caracterizáronse de piratas, levaron sombreiros mariños e decoraron carautas mariñas. Crearon o seu barco pirata lector que forma parte da súa biblioteca de aula. Xogaron ao bingo pirata, decoraron a porta da aula con esta temática. Crearon o seu cofre pirata con moedas e colgantes no que recibiron os pergameos do Capitán Antónimo, conto que inspirou o seu proxecto. A través de Instagram puxéronse en contacto coa autora do libro, Cristina Soler Navarro que lles mandou por correo uns marcapáxinas do conto. Fixeron uns anteollos piratas. Polo 8 de marzo traballaron a pirata Awilda, debuxando e ilustrando a súa historia. Tamén traballaron o conto "A marcha de Paul Klee quere ser pirata".
- Realizaron unha saída ao acuario de A Coruña, donde aprenderon moitas cousas sobre os animais mariños.
- Gozaron dunha xincana pirata na que tiveron que resolver dez probas (canción, crebacabezas, sumas, palabras segredas, buscar 15 palabras de temática pirata...) e, unha vez que as fixemos abrimos o cofre e para a nosa sorpresa, cando pensamos que xa se acabara, aí empezaba un novo xogo de psicomotricidade pirata con rimas piratas.
- Polo Samagosto fixeron colgantes de cabaza con cunchas e debuxaron monstros mariños.
- Elaboraron colgadoiros para as portas en forma de animais mariños con motivo do Día do libro.
- Coa técnica do esgrafiado realizaron o cadro "O peixe dourado", de Paul Klee.
- Cada alumno e alumna fixo o seu alfabeto do fondo mariño co que aprendeu vocabulario mariño, ademais de escribir, debuxar e ler. Entre todos decoraron cunchas nas que logo escribiron o abecedario e coas que formaban palabras.
- Crearon o seu mural d´"A arte dos peixes" no que, con diferentes técnicas pictóricas, decoramos peixes ao estilo dos distintos pintores e pintoras.
- No tercerio trimestre levaron a cabo o proxecto "O fondo mariño" co que aprenderon as partes de diversos animais mariños, como respira e se moven, fixeron crebacabezas e labirintos, traballaron diferentes conceptos matemáticos e a lecto-escritura, aprenderon sobre os deportes acuáticos e o tipo de embarcacións e traballaron a figura da mariscadora...
- De Joan Miró traballaron o cadro "O peixe cantando", do que fixeron a súa versión debuxando e pintando con acuarela.
- Xogaron á súa oca pirata, coa que aprenderon vocabulario pirata, os números e tamén leron.
- As familias, ás que agradecemos enormemente a súa colaboración, realizaron obradoiros relacionados co fondo mariño para os aniversarios, e axudaron para facer o conto viaxeiro "As aventuras do pingüín Pepín".
- Con pasta de modelar fixeron físles mariños nos que escribiron o animal elixido e a palabra "Mar".
- Participaron no obradoiro "Ti si que es un bo peixe".
Deixamos agora un vídeo co resumo de todas as actividades que levaron a cabo ao longo de todo este "Ano do mar". Parabéns por todo ese traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario