O mércores, 26 de abril, celebramos os apadriñamentos lectores, dentro das actividades do Mes das letras.
É unha das actividades que máis gozan pequenos e maiores. O alumnado voluntario da biblio foi o encargado de ler libros ao alumnado de infantil. Aproveitamos unha pausa da chuvia para facer as lecturas no patio. O alumnado de infantil, divido en grupos de tres, escoitou con gran interese os libros que leron os voluntarios e voluntarias, que agardaban esta actividade con moita ilusión. O alumnado voluntario foi rotándose polos grupos, así os nenos e nenas de infantil puideron escoitar varias historias, e fixeron as lecturas con gran entusiasmo, realizando un gran traballo. Parabéns a todos e a todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario