Ao longo do curso, o alumnado de Secundaria estivo traballando, dentro da materia de Inglés, diferentes aspectos relacionados co PDI de centro, "O mar".
- No primeiro trimestre prepararon unha lectura sobre curiosidades do "Titanic" e a súa tráxica historia para a Hora de ler. En grupos, o alumnado foi traducindo e compartindo co resto da clase a parte que lle correspondía, para despois facer unha exposición sobre a mesma. O alumnado que participou foi o de 2º, 3º e 4º da ESO.
- O alumnado de 3º da ESO traballou sobre peixes en perigo de extinción, tras unha selección previa entre as moitas especies en perigo. Realizaron individualmente unha ficha cos datos máis relevantes sobre cada un deles: hábitat, expectativa de vida, alimentación, número de exemplares, perigos que ameazan a súa supervivencia...
- Tamén en 3º da ESO realizaron un traballo biográfico sobre algunhas das mulleres e homes que están contribuíndo, con pequenas ou grandes accións, a preservar os nosos mares e océanos, mantelos limpos e salvagardar a vida mariña.
- O alumnado de 1º da ESO realizou lecturas sobre curiosidades sobre a figura dos e das piratas.
- O alumnado de 4º da ESO traballou tamén sobre o uso e significado dalgunhas frases idiomáticas con "fish".
- Con todos eses traballos realizaron exposicións nos tabolerios do centro para o resto de alumnado. Parabáns por todo ese traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario