Día das Bibliotecas 2020


Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas. Unha das actividades que se desenvolververán no día de hoxe é a entrega das mochilas viaxeiras. Debido á situación actual, non se poderá facer como en cursos anteriores, cos voluntarios e voluntarias entregando as mochilas na propia biblio. Sen embargo, os voluntarios e voluntarias non querían perder a oportunidade de facer entrega das mochilas, por iso, fixeron uns vídeos adicados aos distintos cursos e que así o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º recibisen, de xeito simbólico, as mochilas da súa man. Nós tamén esperamos que as disfruten!

Vídeo de 1º



Vídeo de 2º


Vídeo de 3º



Vídeo de 4º










 

É tempo de Samagosto!

 Velaí veñen o Samaín e o Magosto. Nestas dúas festas populares galegas empregamos as cabazas, as espigas e as castañas como base para achegármonos ao outono. Con elas lembramos tamén tradicións que teñen que ver cos recordos dos que viñeron antes ca nós. Dende os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e de Biblioteca, do CPI Fonte Díaz temos preparadas unha serie de actividades para celebrar estas festas.


Durante estas datas as distintas titorías poden participar no concurso de contos de medo.  Haberá varias categorías de premios. Categoría A: 3º e 4º de Primaria; Categoría B: 5º e 6º de Primaria. A data límite para ter entregados os contos será o venres 30  de outubro. O premios serán entregados posteriormente. Lembrade poñer o nome, apelidos e curso. Algunhas das historias aparecerán nas nosas contas de Facebook, (Biblioteca e  Movealingua )así, todos e todas ficaremos aterrados! Poderedes entregalos en papel aos titores e as titoras ou envialos ao correo electrónico da biblioteca, que é o seguinte: biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com





Concurso  “Cabazas terroríficas”, creación de figuras con cabazas, castañas e espigas para educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. Haberá dúas categorías, unha para Infantil e outra para Primaria. Elixiremos dúas cabazas gañadoras por cada categoría (Infantil e Primaria). Podedes mandar as fotos ao noso correo electrónico, movealinguatouro@gmail.com. A data límite para mandar as fotos é o venres 30 de outubro. Algunhas das fotos aparecerán nas nosas redes sociais. 

Concurso Un Outono Fotográfico para o alumnado da E.S.O., que poderán mandar as súas fotos da outonía ás nosas páxinas de Instagram: @bibliotecacpifontediaz e @movalinguatouro

Para que todos poidamos ver as vosas publicacións etiquetade as vosas publicacións con:

  • #movealinguatouro
  •  ou #bibliotecacpifontediaz

Haberá  premio para as dúas mellores fotos. Animádevos.



O día 30 os alumnos/as que o desexen poderán vir caracterizados  ao colexio con disfraces relacionados co samaín.


O ENDL e o Equipo de Biblioteca do CPI Fonte-Díaz en Touro quere agradecer de antemán o traballo de todos e todas. Esperamos que poidades colaborar virtualmente para practicar o Samagosto, esa festa inventada  en Touro hai uns anos e que promete moito. Grazas de novo!


                                                                                     ENDL e o EB do CPI Fonte-Díaz


Día das Escritoras

 O día 19 de outubro celebrouse o Día das Escritoras e na nosa biblio decidimos darlle visibilidade a través de unha exposición. Nela recollimos unha selección de libros de algunhas das autoras coas que contamos no noso fondo e  que estará á disposición do alumnado ao longo de toda esta semana. Esperamos que lles guste!




Protocolo de uso da biblioteca

 Boas de novo!

 Chegou o momento de voltar! Estamos preparando todo para a reapertura da nosa biblio. Este ano temos modificacións debido á situación actual, pero esperamos seguir recibindo as vosas visitas, sempre con seguridade. Para iso, elaboramos o seguinte protocolo, para o cumprimento do cal agardamos contar coa axuda de toda a comunidade educativa. A Lectouriñ@ agarda a vosa visita!



Around the world (Primaria)

O alumnado de inglés de 6º de primaria comezou o curso facendo a súa propia maleta (aproveitando material de refugallo) para a viaxe que ían comezar.



Nesas maletas gardaban os seus pasaportes, que foron selando en cada país visitado, e unha carteira con billetes e moedas de cada país. O alumnado ía investigando unha serie de datos sobre cada país, bandeira, localización, comida típica...  A continuación, os alumnos e alumnas, por parellas, foron presentando o aprendido sobre cada país a través de unha exposición oral en lingua inglesa ante os seus compañeiros e compañeiras. Esta información era aproveitada polo resto do alumnado para cubrir unha ficha sobre dito país, seguindo así o seu diario de viaxe.


Good job!




Around the World (Secundaria)

O alumnado de Inglés de Secundaria traballou o proxecto A volta ao mundo, en primeiro lugar, a través da escolla de textos sobre viaxes e outras culturas. As lecturas seleccionadas foron:
1º ESO: "Gulliver´s Travels" e "All About Britain"
2º ESO: "The Incredible Journey" e "All Abaut USA"
3º ESO: "Myths and Legends (all over the world)", "All Abaut Ireland" e "A Foreigner in New York"
4º ESO: "A Foreigner in India" e "Around the World in Eghty Days"

Cada alumno e alumna contaba co seu pasaporte lector para ir cuñando segundo ían percorrendo distintos países/ cidades a través das lecturas, das exposicións individuais e/ou grupais, taballos escritos... Debido á suspensión das clases polo decreto do Estado de Alarma, este proxecto quedou sen rematar.


Así mesmo, decoraron a aula de linguas estranxeiras coas bandeiras de todo o mundo, así como cos traballos do alumndo baixo o lema "Around the World".





Good job!

Le Tour du Monde

O alumnado de Francés de Secundaria comezou o a súa "Volta ao mundo" no mes de outubro coa vistia do contacontos camerunés e mediador intercultural Samuel Mountoumnjou. Grazas a el achegáronse á cultura e aos costumes do continente africano a través de contos, lendas, fábulas e anécdotas. Ademais de divertilos moito, fíxoos reflexionar sobre valores tan fundamentais, e esquecidos nas nosas sociedades occidentais, como a solidariedade, a convivencia, a tolerancia e a honestidade.











Por outra banda, e aproveitando a participación da profesora de Francés, Lourdes, no Programa Integral de Aprendizaxe de linguas estranxeiras da Xunta de Galicia (PIALE) en Nantes, cidade na que viviu Xulio Verne case  30 anos, o alumnado da ESO traballou sobre a súa obra e comezaron a facer unha exposición no corredor do colexio, aínda que debido, ao decreto do Estado de alarma, non puideron rematar as lecturas e a mesma exposición. Ademais a profesora realizou unha exposición, ante o alumnado, de fotografías da casa de Xulio Verne, achegándose así de outro xeito máis ao autor. Os libros de lectura tratados foron: Le tour du monde en 80 jours, Vingt mille lieuses sous les mers e Deux ans de vacances.












Xusto antes da interrupción das clases, comezaran a traballar en algúns cursos sobre o caderno de viaxe "carnet de voyage" sobre os medios de transporte, polo que queda pendente de retomar o curso que vén.


Outra actividade desenvolvida foi a correspondencia entre alumnado galego e francés, tanto epistolar como a través das redes sociais (Snapchat, Whatsapp...). Trátase de unha experiecia moi enriquecedora e motivadora, porque lles permite achegarse a una cultura diferente á propia, aprendendo a respectar as diferenzas, así como a adoptar un comportamento responsable no que se refire ao uso das redes sociais.


Parabéns por tanto traballo!

Eurovelo 3

O grupo de 6º de primaria levou a cabo un roteiro cicloturístico "virtual" seguindo o itinerario real que a partir de este ano ten Touro como parte do mesmo. A intención de esta "viaxe virtual" foi a planificación, por parte do alumnado, de unha viaxe dende Noruega ata Santiago en bicicleta.
Este proceso implicou a procura de información por parte do alumnado, a elaboración de traballos, fichas, o coñecemento de outras realidades e costumes, así como  cooperación e a sensiblización sobre o uso de transportes non contaminantes.
Supuxo a simulación da viaxe, incluíndo gastos da viaxe, estancias, dietas, visitas a museos, tralados, polo que a cooperación e organización foi moi importante, pois cada grupo dipuña de unha cantidade de diñeiro para gastos.
Pedalearon, grazas a unhas bicicletas estáticas colocadas na aula, un total de 1267 quilómetros, que se viron interrompidos pola declaración do Estado de alarma.



Con este espíriut, no Entroido o disfraz elixido foi o de exploradores:


Parabéns polo traballo realizado!


A volta ao mundo de 3º e 4º de primaria

En 3º e 4º de primaria traballaron o proxecto de "A volta ao mundo" de forma conxunta. Partindo da película A volta ao mundo, da que ían vendo distintos capítulos na clase, facían o resumo do visionado, buscaban información dos países que visitaban ( bandeira, situar no mapa a capital do país, moeda, lugares imprtantes do país, receita de unha comida típica do país, monumentos importantes...), conseguindo visitar, antes do decreto do Estado de alarma, Inglaterra, Francia e Italia
Tamén fixeron un estudo sobre Jules Verne, autor de "Volta ao mundo en 80 días"














Tiñan, así mesmo, os seus pasportes personalizados, que ían selando segundo ían percorrendo os distintos países.




En cada aula había unha exposición permanente de libros relacionados co proxecto (que se ían cambiando e que aportaba a biblioteca así como os propios alumnos) que o alumnado podía consultar.

No Entroido elixiron disfrazarse de bandeiras do mundo, cada alumno e alumna realizou un pequno traballo de investigación sobre o país cuxa bandeira lles tocou.



E seguiron viaxando grazas aos libros das mochilas viaxeiras, como podedes ver nos debuxos que descubrimos nas libretas das mesmas unha vez que as recollimos:







Parabéns por tan bo traballo!