Xa se pode escoitar o terceiro programa de radio do Cineclub Touro. Esta vez fálannos de "Luces de la ciudad" e, como o progama anterior, este tamén foi realizado desde as casas, como eles nos explican moi ben. Esperamos que o disfrutedes!
Luces de la ciudad
Crea a túa historia!
Ola de novo!
Como sabedes, pouco a pouco, estamos subindo ao noso Facebook todos os vídeos que nos mandastes coas vosas recomendacións lectoras para este confinamento. Á espera de poder subilos todos a este blog, gustaríanos propoñervos o outro reto.
Xa coñecemos os vosos libros favoritos para pasar estes días máis entretidos, pero agora queremos que sexades vos os creadores das historias! Inventade un relato (pode ser un conto, un relato curto, un cómic... deixade voar a vosa imaxinación!) ilustrádeo e compartídeo con todos nós!
Como sabedes, este ano estabamos a traballar o proxecto de "A volta ao mundo", polo que vos animamos a que as historias que creedes estén relacionadas dalgún xeito co proxecto.
Unha vez que teñades o relato escrito e ilustrado podedes sacarlle fotos e envialas ao noso correo biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com. Tedes ata o 9 de maio.
Agardamos os vosos correos!!

Ánimo!
Mentres imos recibindo os vídeos das vosas recomendacións lectoras, queremos compartir con vós varias mensaxes de ánimo que alumnado de distintos cursos vos queren facer chegar, como eles din, todo vai saír ben! Moito ánimo a tod@s!
Aroa:
Sara:
Alba:
Santiago:
6º de primaria
Ali e Mariam:
Celtia:
Diana
Erea:
José:
Manuel:
Sofía:
Aroa:
Sara:
Alba:
Santiago:
6º de primaria
Ali e Mariam:
Celtia:
Dana:
Alumnado e profes de Infantil:
José:
Marco:
Sofía:
Eu leo na casa...
Ola de novo a tod@s!
Como sabedes, o 23 de abril celébrase o Día do Libro. Dende a biblioteca queremos animarvos a que compartades con todos as vosas lecturas deste confinamento. Para iso necesitamos que nos mandedes un vídeo curtiño donde nos digades o título, o autor e de que vai o libro que queredes compartir cos demais e nós irémolos subindo ao blog e ás nosas redes sociais. Animádevos! Enviade os vosos vídeos ao noso correo antes do 23 de abril: biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com. Agardamos os vosos vídeos!
Ah! E se xa quedastes sen lectura, lembrade que a plataforma GaliciaLe permítevos acceder ao seu catálogo de obras en formato electónico con só rexistrarvos.
GaliciaLe
Ah! E se xa quedastes sen lectura, lembrade que a plataforma GaliciaLe permítevos acceder ao seu catálogo de obras en formato electónico con só rexistrarvos.
GaliciaLe
Radio na Biblio
Xa podedes disfrutar do segundo programa da Radio do cole e do Cineclub Touro, foi realizado polo alumnado de 5º de primaria e o seu profe Paco e novo fixeron un gran traballo, máis tendo en conta que o levaron a cabo dende as súas casas. Desta volta fálannos da película "El gabinete del Dr. Caligari", esperamos que vos guste e, como din eles, se non a vistes aínda, animádevos!
Día do Libro Infantil e Xuvenil
Hoxe celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e, aínda que non nos podemos achegar á biblioteca para desfrutalo, queremos achegarvos os libros dalgunha maneira. Por iso queremos compartir algunhas iniciativas para facer máis levadeiros estes días.
- kalandraka tv e os seus "Contos contados" donde xa podedes atopar contos como "O pirata valente", "A cebra Camila", "A que sabe a lúa?" ou "O coelliño branco" e á que siguen subindo novos contidos.
- OQO Filmes donde podedes atopar os filmes de "Corre corre, cabaciña", "Cocorico" ou "Caracois"
- Colectivo NOGA e a súa proposta "Pandemia de contos" con relatos para nenos e maiores.
- GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das Bibliotecas Públicas galegas permítenos acceder aos seus fondos só con rexistrarnos para seguir lendo nas nosas casas durante esta corentena.
Esperamos que vos sexan de utilidade e lembrade: #Euleonacasa #EuQuedoNaCasa

Benqueridas familias lectou@s:
Estamos
pasando uns días de incerteza, de adapatarse á nova situación. A
nosa Lectouriñ@ quere dicirvos que vos bota moito de menos e que
está desxando vervos a todos en canto todo esto pase.
Coma
vós, nós tamén tivemos que adaptarnos antes de propoñervos novas
actividades, pero aquí estamos, pouco a pouco imos ir publicando
novas cousas nas nosas redes sociais, grazas principalmente á vosa
colaboración.
O
primeiro que queremos comunicarvos é que, como moitos de vós
sabedes, tiñamos en marcha un concurso para poñer nome e logo á
nosa radio, por iso queremos animarvos a que participedes neste
concurso xa que nestes días temos tempo para elaborar propostass.
Podedes facernos chegar as vosas ideas ao correo
biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com
sempre que sexa posible, e se non xa as recolleremos cando na
biblioteca cando volvamos de novo ás nosas clases no colexio.
Lembrade: debemos buscar un NOME e tamén un LOGO.
Tamén
queremos anivarvos a seguir disfrutando da lectura, para os que
teñades a posibilidade de imprimir o pasaporte lector deixamosvos
aquí o mesmo, para os que non, non vos preocupedes, anotade o
título, o autor e si vos gustou en unha folla e poderá ser validado
despois. Non vos esquezades, ler ten premio!!
Primeiro programa da nosa radio!
Xa está subido á páxina web do cole o primeiro programa da nosa radio, poderédelo atopar dentro do apartado da Biblioteca. Foi realizado polo alumnado de 5º de primaria e contaron coa axuda do seu profe de Lengua, Paco. Moitas grazas por todo ese traballo e esperamos que disfrutedes do análise que fan da película Espartaco.
Por outro lado, seguimos sen nome para a nosa radio, pero agardamos poñerlle remedio en breve, iremos informando!
Por outro lado, seguimos sen nome para a nosa radio, pero agardamos poñerlle remedio en breve, iremos informando!
Día da Muller 2020
Con motivo do Día da muller dende o ENDL e o Equipo da Biblioteca propúxoselle a cada curso que, en siluetas de mulleres de distintos países, imaxinasen que lles gustaría ser de maiores baixo o lema "Eu de maior non quero ser princesa, eu quero ser..." Ao mesmo tempo preparamos unha selección de lecturas para este día tan especial.
Sabores do mundo: Grecia
No comedor seguimos experimentando con novos sabores, continuando coa súa proposta de "Sabores do mundo". Xusto antes do entroido tocou Grecia! Salata Horiatiki, pastitsio e straggisto, delicioso!
Día de Rosalía 2020
Á volta do Entroido celebramos no cole o Día de Rosalía, como vén sendo tradición, co Caldo de Gloria e a torta de aniversario de Rosalía.
Así mesmo, e a proposta do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, cada clase fixo un cartel, no que baixo o lema "Errantes polo mundo", combinaron poemas de Rosalía con imaxes que nos recordan a exclusión, a marxinación que afecta a moitas persoas, e sobre todo, ao drama dos migrantes do que tanto falou Rosalía. Todos eses carteis foron compartidos polas redes sociais do ENDL co cancelo #errantespolomundo_rdc_20. Deixamos aquí o enlace á conta de Facebook do ENDL do noso centro, así como imaxes da celebración de tan importante efeméride.
www.facebook.com/movealingua

Entroido 2020!
Neste curso no que estamos a dar a nosa "Volta ao mundo", a inspiración para a celebración do Entroido buscámola, principalmente, noutras culturas.
Durante a semana fumos seguindo as intrucións de Dona Meca, que ía vestida segundo a ocasión, para rematar o venres, 21 de febreiro, co gran desfile polas rúas de Fonte Díaz. Un desfile no que non faltaron animais de todo o mundo, tribos africanas, faraóns e momias exipcias, habitantes de países exóticos como a India, habitantes de rexións árticas, cidadáns do mundo, exploradores, bandeiras do mundo, recordos de viaxes en forma de bólas de neve e ata a raíña do Reino Unido! E todo amenizado polos grandes músicos do centro!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)