Eu leo na casa...

Ola de novo a tod@s!
Como sabedes, o 23 de abril celébrase o Día do Libro. Dende a biblioteca queremos animarvos a que compartades con todos as vosas lecturas deste confinamento. Para iso necesitamos que nos mandedes un vídeo curtiño donde nos digades o título, o autor e de que vai o libro que queredes compartir cos demais e nós irémolos subindo ao blog e ás nosas redes sociais. Animádevos! Enviade os vosos vídeos ao noso correo antes do 23 de abril: biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com. Agardamos os vosos vídeos!

Ah! E se xa quedastes sen lectura, lembrade que a plataforma GaliciaLe permítevos acceder ao seu catálogo de obras en formato electónico con só rexistrarvos.

GaliciaLe



Ningún comentario:

Publicar un comentario