Hoxe celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e, aínda que non nos podemos achegar á biblioteca para desfrutalo, queremos achegarvos os libros dalgunha maneira. Por iso queremos compartir algunhas iniciativas para facer máis levadeiros estes días.
- kalandraka tv e os seus "Contos contados" donde xa podedes atopar contos como "O pirata valente", "A cebra Camila", "A que sabe a lúa?" ou "O coelliño branco" e á que siguen subindo novos contidos.
- OQO Filmes donde podedes atopar os filmes de "Corre corre, cabaciña", "Cocorico" ou "Caracois"
- Colectivo NOGA e a súa proposta "Pandemia de contos" con relatos para nenos e maiores.
- GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das Bibliotecas Públicas galegas permítenos acceder aos seus fondos só con rexistrarnos para seguir lendo nas nosas casas durante esta corentena.
Esperamos que vos sexan de utilidade e lembrade: #Euleonacasa #EuQuedoNaCasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario