Benqueridas familias lectou@s:


Estamos pasando uns días de incerteza, de adapatarse á nova situación. A nosa Lectouriñ@ quere dicirvos que vos bota moito de menos e que está desxando vervos a todos en canto todo esto pase.

Coma vós, nós tamén tivemos que adaptarnos antes de propoñervos novas actividades, pero aquí estamos, pouco a pouco imos ir publicando novas cousas nas nosas redes sociais, grazas principalmente á vosa colaboración.

O primeiro que queremos comunicarvos é que, como moitos de vós sabedes, tiñamos en marcha un concurso para poñer nome e logo á nosa radio, por iso queremos animarvos a que participedes neste concurso xa que nestes días temos tempo para elaborar propostass. Podedes facernos chegar as vosas ideas ao correo biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com sempre que sexa posible, e se non xa as recolleremos cando na biblioteca cando volvamos de novo ás nosas clases no colexio. Lembrade: debemos buscar un NOME e tamén un LOGO.




Tamén queremos anivarvos a seguir disfrutando da lectura, para os que teñades a posibilidade de imprimir o pasaporte lector deixamosvos aquí o mesmo, para os que non, non vos preocupedes, anotade o título, o autor e si vos gustou en unha folla e poderá ser validado despois. Non vos esquezades, ler ten premio!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario