No Xapón existe unha lenda que conta que, a todo aquel que consiga facer mil grúas de papel lle será concedido un desexo. Despois da Segunda Guerra Mundial, a grúa converteuse nun símbolo da paz a causa da historia de Sadako Sasaki, unha nena de Hiroshima. Sadako enferma de leucemia por culpa da radiación da bomba atómica e, estando ingresada no hospital, unha amiga fálalle da antiga tradición das grúas de papel. Ela decide facer as mil grúas, por desgraza non o consigue, chegaría ata as 644, sen embargo, os seus amigos, deciden completar as grúas ata chegaren a mil para pedir pola paz mundial, converténdoas así nun símbolo da paz.
Pouco a pouco fumos sumando grúas ao noso marcador (moitisimas grazas ao departamento de Tecnoloxía!), conseguimos as mil? Seguide lendo!
Como podedes ver, comezamos con pouquiñas grúas e, grazas ao traballo conxunto de todo o cole, pouco a pouco fumos xuntndo máis e máis grúas. Ademais o alumnado voluntario de 5º de primaria fixo unha labor formativa nos recreos ensinando aos compañeiros e compañeiras a realizar as grúas.
E despois de varias semanas de traballo, aquí podedes ver o resultado! Reto máis que superado! Grúas de todos os tramaños ocuparon diferentes espazos do colexio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario