Crea a túa historia!

Ola de novo!
Nesta entrada imos compilar todos os relatos que o noso alumnado creou durante o confinamento. Como veredes son historias moi diferentes, moitas delas relacionadas co noso proxecto deste curso, A volta ao mundo, e todas moi interesantes. Animávosvos a lelas!

Clase de 1º de primaria: Coronavirus viaxa polo mundo



Alba E.: El juego nuevo de Lina






Alba E.: Los animales


Elena: Xulia e o mundo




Nico: España



Óscar S.: O Dragón Amarelo


Brais: Cruzando mares



Ainhoa: Unha bruxa aventureira





Alex: Os sabores do mundo





Darío: A viaxe mundial




Mateo: México


Óscar Xosé: Unha viaxe para lembrar





Carla: Relato


Paula: A andoriña Gabriela


Xoel: A busca da pócima



Samuel: Diario de viaxes












Fabiola: O raposo e o COVID-19:



Moitas grazas a tod@s por compartir as vosas historias!




Radio na Biblio

Traémosvos un novo programa da nosa radio! Realizado polo alumnado de 5º de primaria é o máis personal ata o de agora, pois nel falan das súas experiencias durante este confinamento, das súas rutinas e dos seus pensamentos. De novo un gran traballo, recomendámosvos que o escoitedes, merece a pena.

Receitas para o confinamento

Ola a tod@s!
Traemos unha nova proposta. Sabemos que moit@s de vós estades practicando moito na cociña nestes días, así que gustaríanos pedirvos que compartades as vosas receitas con todos nós.
Podedes compartir todo tipo de receitas, doces ou salgadas, pero como sabedes, no comedor estabamos viaxando polo mundo a través da cociña, probando platos de países como China, Marrocos, Perú... Como esta proposta tamén quedou interrumpida polas circunstancias, queremos pedirvos que rebusquedes nos vosos libros de receitas e, si tedes algunha típica de outros países, nola fagades chegar para poder seguir esa viaxe. Agardamos as vosas propostas ata o 24 de maio no correo da biblio: biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com



Pola nosa banda deixamos unha que, si decidides poñela en práctica, veredes o fácil que é. Unha advertencia, si as facedes, repetiredes do boas que están, xa nos contaredes!

Shortbread cookies (Galletas escocesas)

Ingredientes:
-375 g de fariña
-250 g de manteiga
-125 g de azucre glace
-Unha culleradiña de esencia de vainilla

Elaboración:
Peneiramos a fariña nun bol e reservamos.
Misturamos a fariña co azucre ata que queden ben integrados e logo engadimos a vainilla e volvemos misturar. Por último engadimos a fariña e imos integrando, primeiro formarán como migas, seguimos misturando ata que quede unha masa homoxénea, sin traballar moito a masa pois se o facemos a masa romperá cando a estiremos.
Estiramos a masa, cortámola cun coitelo formando tiras, colocamos as galletas na bandexa de forno que teremos preparada con papel de forno ou ben enmanteigada e picámolas cun garfo. Metemos a bandexa na neveira 30 minutos. Pasado ese tempo levamos a bandexa ao forno a 180 º durante uns 15 minutos ou ata que comecen a estar douradas polas beiras e só queda disfrutar cando estén frías.



Radio na Biblio

Xa está dispoñible o cuarto programa de radio do Cineclub Touro. Nesta ocasión preséntannos "El maquinista de la General". Esperamos que o disfrutedes, de novo nos agasallan con un gran programa e con unha bonita mensaxe ao final. Noraboa por ese gran traballo!

El maquinista de la General

Eu leo na casa...

Xa temos todos os vídeos coas vosas recomendacións lectoras. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación!

Abel

Adrián

Alba E.

Alba P.


Alejandro




Alexandra

Ali


Antón


Borja


Celtia


Clara



Daniela P.

Daniela V.


Darío

Elena 

Igor


Inés


Iria

Isidro


Iván S.


Izan e Saray

Jairo



Jesús

Jorge


Laura


Lía


Lucía

Marco e Sofía



María


Mariam

Mariña


Martina

Nagore

Óscar S.

Óscar X.

Valeria e Sofía

Santiago


Tamara


Vera


Xoel

Andrei

Brais

Carla


Fabiola

Hugo X.


Iago


Jorge C.



Lucía T.

Macarena

Nahia

Nazaret

Samuel


Vanessa


Xoel I.


Ainhoa



Deixamos aquí os enlaces ao Facebook de algúns vídeos máis, que por resolución, non nos deixa subir ao blog directamente.

Radio na Biblio

Xa se pode escoitar o terceiro programa de radio do Cineclub Touro. Esta vez fálannos de "Luces de la ciudad" e, como o progama anterior, este tamén foi realizado desde as casas, como eles nos explican moi ben. Esperamos que o disfrutedes!

Luces de la ciudad

Crea a túa historia!

Ola de novo!
Como sabedes, pouco a pouco, estamos subindo ao noso Facebook todos os vídeos que nos mandastes coas vosas recomendacións lectoras para este confinamento. Á espera de poder subilos todos a este blog, gustaríanos propoñervos o outro reto.
Xa coñecemos os vosos libros favoritos para pasar estes días máis entretidos, pero agora queremos que sexades vos os creadores das historias! Inventade un relato (pode ser un conto, un relato curto, un cómic... deixade voar a vosa imaxinación!) ilustrádeo e compartídeo con todos nós!
Como sabedes, este ano estabamos a traballar o proxecto de "A volta ao mundo", polo que vos animamos a que as historias que creedes estén relacionadas dalgún xeito co proxecto.
Unha vez que teñades o relato escrito e ilustrado podedes sacarlle fotos e envialas ao noso correo biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com. Tedes ata o 9 de maio.
Agardamos os vosos correos!!


Ánimo!

Mentres imos recibindo os vídeos das vosas recomendacións lectoras, queremos compartir con vós varias mensaxes de ánimo que alumnado de distintos cursos vos queren facer chegar, como eles din, todo vai saír ben! Moito ánimo a tod@s!

Aroa:

Sara:

Alba:

Santiago:

6º de primaria

Ali e Mariam:

Celtia:

Dana:

Diana


Erea:



Alumnado e profes de Infantil:



José:
 Manuel:



Marco:


Sofía:



Eu leo na casa...

Ola de novo a tod@s!
Como sabedes, o 23 de abril celébrase o Día do Libro. Dende a biblioteca queremos animarvos a que compartades con todos as vosas lecturas deste confinamento. Para iso necesitamos que nos mandedes un vídeo curtiño donde nos digades o título, o autor e de que vai o libro que queredes compartir cos demais e nós irémolos subindo ao blog e ás nosas redes sociais. Animádevos! Enviade os vosos vídeos ao noso correo antes do 23 de abril: biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com. Agardamos os vosos vídeos!

Ah! E se xa quedastes sen lectura, lembrade que a plataforma GaliciaLe permítevos acceder ao seu catálogo de obras en formato electónico con só rexistrarvos.

GaliciaLe



Radio na Biblio

Xa podedes disfrutar do segundo programa da Radio do cole e do Cineclub Touro, foi realizado polo alumnado de 5º de primaria e o seu profe Paco e novo fixeron un gran traballo, máis tendo en conta que o levaron a cabo dende as súas casas. Desta volta fálannos da película "El gabinete del Dr. Caligari", esperamos que vos guste e, como din eles, se non a vistes aínda, animádevos!


Día do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e, aínda que non nos podemos achegar á biblioteca para desfrutalo, queremos achegarvos os libros dalgunha maneira. Por iso queremos compartir algunhas iniciativas para facer máis levadeiros estes días.

kalandraka tv e os seus "Contos contados" donde xa podedes atopar contos como "O pirata valente", "A cebra Camila", "A que sabe a lúa?" ou "O coelliño branco" e á que siguen subindo novos contidos.

OQO Filmes donde podedes atopar os filmes de "Corre corre, cabaciña", "Cocorico" ou "Caracois"

Colectivo NOGA e a súa proposta "Pandemia de contos" con relatos para nenos e maiores.

GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das Bibliotecas Públicas galegas permítenos acceder aos seus fondos só con rexistrarnos para seguir lendo nas nosas casas durante esta corentena.

Esperamos que vos sexan de utilidade e lembrade: #Euleonacasa #EuQuedoNaCasa