Receitas para o confinamento

Ola a tod@s!
Traemos unha nova proposta. Sabemos que moit@s de vós estades practicando moito na cociña nestes días, así que gustaríanos pedirvos que compartades as vosas receitas con todos nós.
Podedes compartir todo tipo de receitas, doces ou salgadas, pero como sabedes, no comedor estabamos viaxando polo mundo a través da cociña, probando platos de países como China, Marrocos, Perú... Como esta proposta tamén quedou interrumpida polas circunstancias, queremos pedirvos que rebusquedes nos vosos libros de receitas e, si tedes algunha típica de outros países, nola fagades chegar para poder seguir esa viaxe. Agardamos as vosas propostas ata o 24 de maio no correo da biblio: biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com



Pola nosa banda deixamos unha que, si decidides poñela en práctica, veredes o fácil que é. Unha advertencia, si as facedes, repetiredes do boas que están, xa nos contaredes!

Shortbread cookies (Galletas escocesas)

Ingredientes:
-375 g de fariña
-250 g de manteiga
-125 g de azucre glace
-Unha culleradiña de esencia de vainilla

Elaboración:
Peneiramos a fariña nun bol e reservamos.
Misturamos a fariña co azucre ata que queden ben integrados e logo engadimos a vainilla e volvemos misturar. Por último engadimos a fariña e imos integrando, primeiro formarán como migas, seguimos misturando ata que quede unha masa homoxénea, sin traballar moito a masa pois se o facemos a masa romperá cando a estiremos.
Estiramos a masa, cortámola cun coitelo formando tiras, colocamos as galletas na bandexa de forno que teremos preparada con papel de forno ou ben enmanteigada e picámolas cun garfo. Metemos a bandexa na neveira 30 minutos. Pasado ese tempo levamos a bandexa ao forno a 180 º durante uns 15 minutos ou ata que comecen a estar douradas polas beiras e só queda disfrutar cando estén frías.



Ningún comentario:

Publicar un comentario