Pouco a pouco ímonos achegando ao final do curso. A partir desta semana xa só se poderán ir devolvendo todos os libros emprestados. Como en cursos anteriores, a biblioteca abrirá uns días, unha vez rematado o curso, para que as familias poidades vir escoller lecturas para o verán. Para que vaides collendo ideas aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras coas últimas incorporacións á biblioteca. Pronto vos avisaremos dos días e horarios para que vos pasedes pola biblioteca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario