De Touro ao mar

  O alumnado de 6º de Primaria, coa axuda do seu titor, estivo traballando, ao longo do segundo e do terceiro trimeste, no proxecto "De Touro ao mar".

 Neste proxecto o alumnado levou a cabo unha viaxe, en bicicleta estática, ao longo do río Ulla, ata a ría de Arousa e a península do Barbanza. De xeito combinado, as rapazas e rapacer do último curso de Primaria, completaron o percorrido combinando o pedaleo na bici coa lectura do libro "Galicia", de Francisco Fernádez del Riego, e diferentes retos, actividades e tarefas vencelladas ás diversas competencias.

 Procuraron emular, no seu deseño e posterior posta en marcha, unha situación real de viaxe. Para elo inventaron a súa propia moeda, mercaron virtualmente diversos utensilios e víveres, "reservaron" restaurantes e aloxamentos, fixeron de guías en diferentes concellos e coñeceron parte da gastronomía do litoral galego, planificando menús saudables cos produtos propios deses lugares.





 O último día de maio realizaron unha excursión co percorrido real que fixeran anteriormente de xeito virtual. Contaron coa colaboración do profesorado do cole que axudou coas súas achegas e as súas "pernas na execución desta aventura na que mesturaron actividade física, o cognitivo e o afectivo-social.









Ningún comentario:

Publicar un comentario