O ano do mar en 2º de Primaria

  Dentro do Proxecto de centro "O ano do mar", o alumnado de 2º de Primaria realizou varias actividades:

  • Realizaron un mural para o fondo da clase simulando o fondo mariño. Nel foron colocando as distintas espcecies de peixes, algas, moluscos... que podemos atopar nas nosas rías.

  • Fixeron manualidades diversas como unha peceira, diferentes animais mariños para decorar a aula, un marcapáxinas conmemorando do Día das letras galegas con temática mariñeira, entre outras.

  • Tamén participaron en todas as actividades propostas dende a biblioteca, como o concurso de "Portas do mar" ou disfrazarse de buzos e sereas no entroido.





Ningún comentario:

Publicar un comentario