Neste "Ano do mar" o noso centro participou no Plan Proxecta: "Sabores do mar", coa coordinación da persoa encargada do comedor. Foron varias as actividades que, baixo este lema, se levaron a cabo ao longo do curso.
- Elaboración dun libro de receitas con produtos do mar: Co obxectivo de fomentar o consumo de produtso mariños e de facer partícipe á comunidade educativa do mesmo, creouse un libro de Receitas mariñas. Para a súa elaboración pediuse ao alumnado de todo o centro que elaborase coas súas familias un prato no que un ou varios ingredientes fosen de procedencia mariña. Recolléronse nun receitario que foi viaxando de aula en aula para difundilo entre o alumnado.
- No terceiro trimestre, os alumnos e alumnas de Oratoria realizaron textos expositivos-argumentativos sobre os beneficios do consumo de peixe para unha boa alimentación. Ademais, refutaron calquera posible rexeitamento que cara este alimento na etapa da adolescencia. Unha vez redactados os textos, a partir da busca de informción previa, da reelaboración da mesma e da súa memorización, o alumnado procedeu á exposición dos mesmos ante o resto de alumnado de 3º da ESO, así como ao de 5º de Primaria.
- Obradoiro "Ti si es un bo peixe" no que todo o alumnado do centro aprendeu sobre especies mariñas, oficios, coidado e consevación do entorno mariño tamén a través do xogo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario