Ao longo de todo o curso foron moitas as actividades que o alumnado de francés foi desenvolvendo:
- Polo día da Paz estiveron a traballar películas francesas sobre esta temática, rematando o traballo cun collage sobre as mesmas.
- Así mesmo estiveron traballando sobre "Le Petit Prince", sobre o que craron unhas presentacións que despois expuxeron na clase, e realizaron uns fermosos marcapáxinas.
- Durante todo o curso, o alumnado de 3º e 4º curso traballaron por grupos sobre algunha película que eles mesmos elixiron entre varias propostas.
Continuaron mantendo correspondencia epistolar e a través das redes sociais con alumnos e alumnas franceses cos que xa tiñan contacto previo con pero debido ao confinamento das escolas e institutos o pasado curso escolar escolar non foi posible continuar coa actividade. Foi unha grata sorpresa para nós recibir á profesora Amandine coa súa familia.
O alumnado da E.S.O. disfrutou da visita no mes de novembro do entrañable contacontos Samuel Mountoumnjou. Camerunés afincado en Valladolid, profesor de idiomas, formador, mediador interculturale narrador, fíxonos reflexionar a través das fábulas sobre as tradicións e os valores moitas veces esquencidos na nosa sociedade. Grazas a Samuel e á implicación dos rapaces nesta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario