Ao longo deste curso o alumnado realizou traballos relacionados co proxecto "Un ano de cine" nos diferentes cursos na área de Lingua estranxeira, inglés.
- Visualización de distintas películas ao longo dos trimestres, traballando no coñecemento das diferentes temáticas das películas así como do xénero e os actores principais.
- No curso de 6º de primaria aproveitaron para empregar a radio do colexio e facer entrevistas co alumnado na que presentaban a súa película favorita, daban a coñecer o xénero da película, os actores principais, un breve resumo e unha valoración personal. Esta actividade foi moi productiva e ademáis contaron coa axuda do auxiliar de conversa que traballou a diario con eles na elaboración deste proxecto. Agardamos poder escoitar moi pronto os resultados do mesmo. Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario