O mundo Disney

  Compartimos agora o traballo levado a cabo polas áreas de P.T e A.L co seu alumnado neste "Ano de cine". Partindo do tema de interese do alumnado primeiro fixeron unha selección de películas de animación. Unha vez visionada na aula a película elixida, procedíase a unha reflexión da mesma e á recopilación sobre papel de diferentes apartados cos aspectos máis importantes: personaxes, breve descrición, debuxo da escena favorita... O obxectivo foi crear unha breve enciclopedia e manual para a consulta do alumno, reforzando a motivación por aprender e potenciando as fortalezas do noso alumnado. Foi, sen dúbida, un gran traballo!





Ningún comentario:

Publicar un comentario