Un ano de cine en 1º de Primaria

 O grupo de 1º de Educación Primaria, dentro do proxecto do centro de “Un ano de cine”, realizou o visionado de diversas películas ao longo do curso escolar.

Unha delas foi a película “Del revés”, na que se ven reflectidas as distintas emocións que podemos ter os seres humanos. Ademais da reflexión e debate que levaron a cabo dentro da aula tamén fixeron a súa Porta de Cine para o concurso organizado no centro en referencia a ela. Tomaron a personaxe principal da Alegría para crear unha árbore dos desexos onde foron poñendo as súas bólas de Nadal con mensaxes positivas que nos leven a ter unha vida feliz chea de alegría.

Outra película vista na aula foi “Hotel Transilvania”, e aproveitaron a celebración do Entroido para escoller as súas personaxes e disfrazarnos delas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario