Viaxando polo mundo desde a biblioteca. (1)


Hoxe a biblioteca estivo abarrotada. O alumnado de Primaria visitounos para pasar un rato con nós. Vimos a exposición 'O Nadal polo mundo' feita entre todos os grupos do Centro e grazas a labor das titoras e titores; botámoslle un vistazo ao noso blog'Mil contos por contar'; vimos un video sobre a lectura na nosa nova pantalla; falamos un chisco de Isaac Díaz Pardo, ao que lle adicamos este ano no Centro, e falamos de libros e da revista 'O Papagaio' e tamén da iniciativa que se celebrará o mércores,'Adopta un libro'. Un marcapáxinas de Díaz Pardo, o tríptico de Nadal con suxestións de libros e pelis e a invitación para actividade do mércores foron os nosos agasallos de agradecemento pola visita. Un bo rato o que pasamos xuntos...




























Ningún comentario:

Publicar un comentario