Ciudadano Kane


'Ciudadano Kane' ('Citizen Kane'), unha das películas- todo un clásico ademáis- á vosa disposición na biblioteca, acadou moitos galardóns; por exemplo, o Óscar ao Mellor guión orixinal (e tivo ademáis 9 nominacións), o National Board of Review á Mellor película e o do Círculo de críticos de Nueva York tamén á Mellor película. Este é un breve resumo do argumento, e se vos tenta non dubidedes en acercarvos a collela...

"Un importante magnate americano, Charles Foster Kane, dono dunha importante cadea de xornais, dunha rede de estacións de radio, de dous sindicatos e dunha prodixiosa colección de obras de arte, morre en Xanadú, o seu fabuloso castelo de estilo oriental. A última verba que pronuncia antes de falecer, ”Rosebud”, cuxo significado é un enigma, desperta unha grande curiosidade tanto na prensa como entre a poboación. Así as cousas, un grupo de xornalistas comenza a investigación para revelar o misterio."

¡Esperámosvos na Biblioteca!



Ningún comentario:

Publicar un comentario