Tráiler e sinopse de 'Un monstro vén a verme'



Merecedora de numerosos premios e distincións, Un monstro vén a verme- que acaba de publicar en galego a editorial Kalandraka- é unha historia emocionante e extraordinaria sobre un neno, a súa nai enferma e o monstro que ven a visitalo.

Sete minutos despois da medianoite, Conor desperta e atopa un monstro na xanela. Pero non é o monstro que el esperaba, o do pesadelo que ten casi todas as noites desde que a súa nai empezou o seu longo tratamento. Non, este monstro é algo diferente, antigo... E quere o máis perigoso de todo: a verdade.

Maliciosa, divertida e conmovedora, Un monstro vén a verme fálanos da nosa dificultade para aceptar a perda e dos lazos fráxiles pero extraordinariamente poderosos que nos unen á vida.

Aquí tendes o trailer de da película baseada na estupenda novela- tenra e dura ao mesmo tempo- de Patrick Ness.








Ningún comentario:

Publicar un comentario