Día do Libro 2021

  Pouco a pouco iremos mostrando as actividades desenvolvidas no noso Mes das Letras. Comezamos coa celebración que marcou o comezo deste Mes das Letras, o Día do Libro.

 Nesa data tan sinalada para as Bibliotecas quixemos dar remate ao proxecto que comezamos co Día da Paz, "Un nen@, unha árbore", de dúas formas. Por un lado, ao longo desa semana, o noso alumnado levou as súas árbores para as súas casas para plantalos en lugares elixidos por eles. Despois, as familias fixéronnos chegar imaxes desas plantacións, así que moitas grazas!


















 Por outro lado, cada clase plantou unha árbore, fixémolo nunha finca cedida polo Concello de Touro.

Infantil

1º de primaria


2º de primaria


3º de primaria


4º de primaria


5º de primaria


6º de primaria


ESO



 O Día do Libro tamén se fixo a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do Pasaporte lector, á máis lectora e aos gañadores do concurso do nome e logo da radio. As presentadoras desta entrega foron dúas dos nosos voluntarios e voluntarias da biblioteca. Parabéns aos gañadores e gañadoras ( Alex, Ainhoa, Carla, Antón e Carlota) e ás presentadoras, fixérono moi ben!








 E, por suposto, tamén houbo marcapáxinas!






 Feliz Día do Libro!



Mes das Letras

 Achégase o Día do Libro e son moitas as actividades que estamos a preparar con motivo desa celebración, polo que unirémolo ao Día das Letras Galegas para celebrar o Mes das Letras con propostas que saen do EB e do EDL. Entre esas actividades non poden faltar os nosos tradicionais apadriñamentos lectores, así como as entregas de premios dos pasaportes lectores e por fin coñeceremos o nome e o logo da nosa radio!

 Outra actividade, moi especial para nós, será a finalización do noso proxecto "Un nen@, unha árbore": o noso alumnado levará as súas árbores, plantaranas e enviarannos fotos da súa plantación, pero, así mesmo, e grazas á colaboración do Concello que nos cedeu unha parcela, faremos unha plantación de árbores por clase para recordar este fermoso proxecto.



Outras actividades serán a exposición "A volta ao mundo en 80 libros" na que contaremos con libros típicos, e non tan típicos, de distintos países. 



 Tamén tentaremos dar a "Volta ao mundo en imaxes", con fotos de distintos lugares proporcionadas polas familias. 



 As familias terán tamén un papel protagonista en outra das actividades que desenvolveremos e que nos quedou pendente o curso pasado. As familias que se animaron virán ao centro e contarannos as súas experiencias vivindo e viaxando polo mundo. Moi pronto contaremos máis sobre esta actividade que nos fai moita ilusión.


 Tamén, dende o EDL propóñennos participar na celebración dos Maios para o que se solicitará a todo o alumnado colaboración para a realización dun Maio con elementos da natureza tales como fiunchos, flores, xestas...
Así mesmo, este ano o Día das Letras Galegas esá adicado a Xela Arias e dende o EDL e do EB propuxemos as seguintes actividades:
-Para os cursos de Infantil e Primaria a proposta é ilustrar poemas do libro Darío a diario.
-Para a ESO a realización de vidopoemas sobre a poesía de Xela Arias.

 E para rematar a celebración do Mes das Letras contaremos, o 19 de maio, cunha visita moi especial, Eva Mejuto achegarase ao noso cole para falarnos do seu conto "Dez gatiñas viaxeiras".



 
Pouco a pouco iremos compartindo fotos de todas as actividades, moitas grazas pola vosa colaboración!


Pronto contaremos máis!

Radio na biblio. Novas!

 Ola a tod@s!

 Hoxe traémosvos un novo programa de radio! Nesta ocasión volve ser Aldán, coa axuda do seu profe Paco, quen nos presenta un novo programa de radio facendo un repaso ás novas dos xornais que máis lle chamaron a atención nas últimas semanas. Esperamos que o disfrutedes!

Noticieiro de Aldán

Día Internacional do Libro Infantil

  O sábado, 2 de abril, celebrouse o Día do Libro Infantil e na nosa biblio preparamos unha exposición con todas as novidades que temos en ese eido. Esperamos que o noso alumnado as disfrute!



Día do teatro 2021

  O 27 de marzo celébrase o Día do Teatro e, no noso cole, celebrámolo coa representación do conto ¡Arriba las patas! de Catharina Valckx. Os encargados de dramatizar este conto foron os alumnos e alumnas de 4º de primaria e o seu público foi alumnado de infantil e primaria. Aquí vos deixamos unha mostra desas representacións e esperamos que vos guste tanto como a nós!

¡Arriba las patas! 1ª

¡Arriba las patas!



Radio na Biblio. Víctor Erice

  Xa temos novo programa de Radio do Cineclub Touro! Nesta ocasión trátase un programa adicado a Víctor Erice e no que analizan dúas das súas películas, "El espíritu de la colmena" e "El sur" e no que mesmo contan co propio Víctor Erice! Non volo perdades, merece moito a pena!

Especial Víctor Erice

Día da Poesía 2021

  Hoxe celébrase o Día Internacional da Poesía e no noso cole quixemos facer algo especial. 

 Con motivo do Día Internacional do Cancro, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria crearon un fermoso cadro feito con lazos cargados de bos desexos. A súa profe, Carla, levou despois ese cadro ao CHUS, á área de Oncoloxía Infantil, como agasallo para os nenos e nenas alí ingresados.



 A boa acollida desta actividade animounos a propor aos voluntarios e voluntarias da biblioteca de 6º de Primaria, e para o Día da Poesía, unha lectura de poemas dirixida aos nenos e nenas ingresados nesa área e á se uniron tamén os seus compañeiros e compañeiras de clase. Aquí vos deixamos o resultado, esperando que vos guste tanto como a nós!ç


 Os poemas que nos agasallan foron seleccionados do libro "Mar de mazá" de Elvira Ribeiro Tobío e de "Versos e viceversos"de Antonio García Teijeiro.

Por outro lado, os alumnos e alumnas de 4º de primaria realizaron un concurso de poesía e aquí vos deixamos ás gañadoras declamando obras moi coñecidas, desfrutádeas!


 E, por suposto, non podía faltar a nosa exposición, sobre todo de novidades, de obras recomendadas:









Radio na Biblio. El viajero

 Xa temos novo programa de Radio! Nesta ocasión, o Cineclub Touro, formado polo alumnado de 6º de Primaria e o seu profesor Paco, fálanos da película "El viajero" de Abbas Kiarostami. Esta película dou pé a unha reflexión sobre os soños e as metas do máis interesante. Parabéns!

El viajero

8M

  Como explicamos na entrada anterior, con motivo do Día da Muller, propuxemos aos distintos grupos que investigasen sobre mulleres galegas intrépidas, mulleres que foron aventureiras, pioneiras no seu eido e viaxeiras polo mundo. Cada grupo realizou despois un traballo no que reflectiron todo o que descubriron nas súas investigacións e que agora vos mostramos. Esperamos que vos gusten!

 O alumnado de 4º de Infantil investigou sobre Celia Rivas, 1ª galega camioneira e realizou un mural biodegradable!




 En 5º de Infantil investigaron sobre Isabel Zendal, enfermeira que viaxou na expedición que levou a vacina da varíola a América, realizaron o símbolo da muller con flores de chorima e falaron das mulleres importantes para eles.




 O alumnado de 6º de Infantil investigou sobre Exeria, escritora e viaxeira, e realizaron este vídeo no que nos explican o que descubriron sobre ela:


  En 1º de Primaria investigaron sobre Sofía Casanova, primeira reporteira de guerra e valquí o mural no que traballaron:



 Pola súa banda, o alumnado de 2º de Primaria investigou sobre Chus Lago, 1ª galega en escalar o Everest sen osíxeno artificial, como se reflicte no seu fermoso mural:


 Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria investigaron sobre Elisa Patiño, 1ª aviadora galega, e realizaron traballos indivudais para compartir todo o aprendido:





 O alumnado de 4º de Primaria traballou sobre a figura de Ángeles Alvariño, oceanógrafa e primeira muller científica galega nun buque oceanográfico, e realizaron, con material de refugallo, un impresionante mural no que recrearon o barco no que realizou os seus traballos, o Sarsia:



 En 5º de Primaria investigaron sobre Xulia Minguillón, primeira pintora en exposicións internacionais, e recrearon unha das súas obras "A escola de Doloritas"


 Os alumnos e alumnas de 1º da ESO investigaron sobre Isabel Barreto, 1ª almirante. Aquí vos deixamos as infografías que realizaron cos resultados da súa investigación:
 




 En 2º da ESO investigaron sobre Elena Fernández, 1ª galega xuiz internacional de regatas:



 O alumnado de 4º da ESO traballou sobre a figura de Teresa Portela, palista olímpica, e esta é a infografía que realizaron co resultado das súas investigacións.
 


 Como vedes, alumnado e profesorado realizaron un gran traballo, moitas grazas a todos e a todas!














Día da Muller

Está preto o 8 de marzo, Día da Muller, e dende a biblioteca queremos proporvos a seguinte actividade:

Galegas Intrépidas!

Trátase de investigar sobre un grupo de mulleres que foron aventureiras, viaxeiras polo mundo, pioneiras no seu eido e realizar un mural ou unha infografía sobre elas. Despois de buscar fixemos a seguinte escolla:

  •         Celia Rivas (1ª galega camioneira): 4º de Infantil.
  •         Isabel Zendal (enfermeira): 5º de Infantil.
  •         Exeria (escritora e viaxeira): 6º de Infantil.
  •         Sofía Casanova (1ª reporteira de guerra): 1º de Primaria.
  •         Chus Lago (1ª galega e 1ª española en alcanzar o Everest sen osíxeno artificial): 2º de Primaria.
  •         Elisa Patiño (1ª aviadora): 3º de Primaria.
  •         Ángeles Alvariño (oceanógrafa): 4º de Primaria.
  •         Xulia Minguillón (1ª pintora en exposición internacional): 5º de Primaria.
  •         María Hilda Rodríguez (1ª medallista paralímpica): 6º de Primaria.
  •         Isabel Barreto (1ª almirante): 1º da ESO.
  •         Elena Fenández (xuiz internacional de regatas): 2º da ESO.
  •         Mercedes Mariño (actriz en escenarios internacionais): 3º da ESO.
  •         Teresa Portela (palista olímpica): 4º da ESO. 


Moi pronto ensinaremos os resultados, mentres tanto, podedes pasarvos pola biblio e botar un vistazo á selección de libros que temos preparda para conmemorar esta data!