Hoxe celébrase o Día Internacional da Poesía e no noso cole quixemos facer algo especial.
Con motivo do Día Internacional do Cancro, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria crearon un fermoso cadro feito con lazos cargados de bos desexos. A súa profe, Carla, levou despois ese cadro ao CHUS, á área de Oncoloxía Infantil, como agasallo para os nenos e nenas alí ingresados.
A boa acollida desta actividade animounos a propor aos voluntarios e voluntarias da biblioteca de 6º de Primaria, e para o Día da Poesía, unha lectura de poemas dirixida aos nenos e nenas ingresados nesa área e á se uniron tamén os seus compañeiros e compañeiras de clase. Aquí vos deixamos o resultado, esperando que vos guste tanto como a nós!ç
Os poemas que nos agasallan foron seleccionados do libro "Mar de mazá" de Elvira Ribeiro Tobío e de "Versos e viceversos"de Antonio García Teijeiro.
Por outro lado, os alumnos e alumnas de 4º de primaria realizaron un concurso de poesía e aquí vos deixamos ás gañadoras declamando obras moi coñecidas, desfrutádeas!
E, por suposto, non podía faltar a nosa exposición, sobre todo de novidades, de obras recomendadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario