Como explicamos na entrada anterior, con motivo do Día da Muller, propuxemos aos distintos grupos que investigasen sobre mulleres galegas intrépidas, mulleres que foron aventureiras, pioneiras no seu eido e viaxeiras polo mundo. Cada grupo realizou despois un traballo no que reflectiron todo o que descubriron nas súas investigacións e que agora vos mostramos. Esperamos que vos gusten!
O alumnado de 4º de Infantil investigou sobre Celia Rivas, 1ª galega camioneira e realizou un mural biodegradable!
En 5º de Infantil investigaron sobre Isabel Zendal, enfermeira que viaxou na expedición que levou a vacina da varíola a América, realizaron o símbolo da muller con flores de chorima e falaron das mulleres importantes para eles.
O alumnado de 6º de Infantil investigou sobre Exeria, escritora e viaxeira, e realizaron este vídeo no que nos explican o que descubriron sobre ela:
En 1º de Primaria investigaron sobre Sofía Casanova, primeira reporteira de guerra e valquí o mural no que traballaron:
Pola súa banda, o alumnado de 2º de Primaria investigou sobre Chus Lago, 1ª galega en escalar o Everest sen osíxeno artificial, como se reflicte no seu fermoso mural:
Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria investigaron sobre Elisa Patiño, 1ª aviadora galega, e realizaron traballos indivudais para compartir todo o aprendido:
O alumnado de 4º de Primaria traballou sobre a figura de Ángeles Alvariño, oceanógrafa e primeira muller científica galega nun buque oceanográfico, e realizaron, con material de refugallo, un impresionante mural no que recrearon o barco no que realizou os seus traballos, o Sarsia:
En 5º de Primaria investigaron sobre Xulia Minguillón, primeira pintora en exposicións internacionais, e recrearon unha das súas obras "A escola de Doloritas"
Os alumnos e alumnas de 1º da ESO investigaron sobre Isabel Barreto, 1ª almirante. Aquí vos deixamos as infografías que realizaron cos resultados da súa investigación:
O alumnado de 4º da ESO traballou sobre a figura de Teresa Portela, palista olímpica, e esta é a infografía que realizaron co resultado das súas investigacións.
Como vedes, alumnado e profesorado realizaron un gran traballo, moitas grazas a todos e a todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario