Xogando ao Jeopardy co relato 'A moza de Jamaa al Fna', do libro 'Amor por catro' de Helena Villar Janerio.
RESULTADO DAS VOTACIÓNS DO 19 DE NOVEMBRO
Estes son os resultados das votacións realizadas a pasada semana para celebrar o cabodano do voto da muller e visualizar a figura de Clara Campoamor, a muller que o fixo posible.
Interesantes resultados...
GRAN CONCURSO 'POESÍA PARA UN NADAL'
CONCURSO
DE POESÍA
ALUMNADO DE
PRIMARIA E SECUNDARIA
Co
gallo da celebración do Nadal propoñémosvos desde a Biblioteca un
Concurso de Poesía para todo alumnado de Primaria e Secundaria.
BASES:
1. As
poesías ou poemas terán unha extensión libre, con calquera
número de versos e rima ou verso libre (sen rima).
2. O
tema dos poemas terá obrigatoriamente que facer referencia ao
NADAL e deberá incluir a palabra MULLER.
3. As
poesías entregaranse na biblioteca nun folio co nome, apelidos e
curso do alumno ou alumna (escritos por detrás da poesía).
4. A
data límite de entrega será o xoves 13 de decembro.
5. O
xurado valorará en cada poema a musicalidade, a orixinalidade e o
ton poético.
6. O
venres 21 farase entrega dos Premios ao alumnado gañador de
Primaria e de Secundaria.
7. Haberá
un premio para 1º/2º/3º Primaria; outro para 4º/5/6º de
Primaria; outro para 1º/2º ESO e un cuarto premio para 3º/4º
ESO.
8. O
premio consistirá nun libro e outros agasallos.
9. Todas
as obras recibidas exporanse na biblioteca e publicaranse nas
redes sociais e no blog da mesma. Algunhas das obras gañadoras publicaranse ademais nas postais de Nadal do colexio.
GRAN CONCURSO 'DEBUXO PARA UN NADAL'
CONCURSO
DE DEBUXO
ALUMNADO DE INFANTIL E 1º/2º DE PRIMARIA
Co gallo da celebración do Nadal propoñémosvos desde a Biblioteca un Concurso de Debuxo para todo alumnado de Infantil e 1º/2º de Primaria.
BASES:
1. Os debuxos terán obrigatoriamente que facer referencia ao NADAL.
2. Os
debuxos entregaranse na biblioteca nun folio co nome, apelidos e
curso do alumno ou alumna (escritos por detrás do debuxo)
3. A
data límite de entrega será o xoves 13 de decembro.
4. O
xurado valorará en cada debuxo a perfección, a idea a expresar e a
orixinalidade do mesmo.
5. O
venres 21 farase entrega dos premios ao alumnado gañador.
6. Haberá
un premio para Infantil e outro para 1º/2º Primaria.
7. O
premio consistirá material funxible de pintura.
8. Todas
as obras recibidas exporanse na biblioteca e publicaranse nas redes sociais e no blog da mesma. As obras gañadoras decorarán ademais
as postais de Nadal do colexio.
MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!
As mochilas viaxeiras puxéronse xa en marcha!! E fixo a entrega, como ten que ser, alumnado voluntario...
Boa viaxe e boas lecturas!!
VOTACIÓNS 19 DE NOVEMBRO
Esta mañá reivindicamos o labor de Clara Campoamor e a súa loita polo voto da muller. E fixémolo cunha votación na biblioteca. Mozas e mozos votando nun exercicio de democracia e igualdade.
Os maiores de 3º e 4º da ESO viron ademais a película-documental 'Clara Campoamor. Unha muller esquecida'. Porque é importante lembrar...
Os maiores de 3º e 4º da ESO viron ademais a película-documental 'Clara Campoamor. Unha muller esquecida'. Porque é importante lembrar...
IDA VITALE, PREMIO CERVANTES 2018

E seguimos de noraboa. Máis mulleres recoñecidas no mundo das Letras. Neste caso, a poeta Ida Vitale que é a gañadora do Premio Cervantes 2018, algo así como o Premio Nobel español. Parabéns!!
Deixámosvos aquí un dos seus poemas, 'Fortuna'.
Por años, disfrutar del error
y de su enmienda,
haber podido hablar, caminar libre,
no existir mutilada,
no entrar o sí en iglesias,
leer, oír la música querida,
ser en la noche un ser como en el día.
No ser casada en un negocio,
medida en cabras,
sufrir gobierno de parientes
o legal lapidación.
No desfilar ya nunca
y no admitir palabras
que pongan en la sangre
limaduras de hierro.
Descubrir por ti misma
otro ser no previsto
en el puente de la mirada.
Ser humano y mujer, ni más ni menos.
'AS VOCES DA AUGA', DE ÁNXELA GRACIÁN

'As voces da auga', de Ánxela Gracián, é a novela gañadora da oitava edición dos Premios Meiga Moira. Pronto na nosa biblioteca...
Neses instantes, no interior do río, Li sentíase tan transparente coma o cristal. Entón, como polas noites antes de adormecer, podía escoitar de novo con nitidez as voces da auga, como unha chamada que non a enxordecía coa súa cantilena monótona de ave de paso, senón que lle infundía esa forza descoñecida das ondas que galopaban, propiciando que ela tamén formase parte dese mundo líquido e poderoso que, alí no fondo do val, se arrastraba lento coma unha búfala preñada0, porque era alí, precisamente naqueles remansos, onde a voz do río berraba arrastrando consigo tamén a fondura dos cavorcos da terra.
EXPO E VÍDEO 'CLARA CAMPOAMOR'
O vindeiro luns, 19 de novembro, fará 85 anos da primeira vez que as mulleres puidemos votar en España e neste #anodasmulleres non podíamos deixar pasar esta data. A muller que o fixo posible este voto universal foi a avogada e deputada Clara Campoamor.
Aproveitamos para facer unha pequena exposición de libros sobre a muller e sobre mulleres.
Aproveitamos para facer unha pequena exposición de libros sobre a muller e sobre mulleres.
BOLSAS VIAXEIRAS DE 4º INFANTIL
As bolsas viaxeiras de 4°de Infantil comezan a súa andadura. E van ben cargadiñas... Que teñades unhas moi boas lecturas en familia!!
CLUB DE LECTURA 2º ESO. 'A BALADA DOS UNICORNIOS'. (SEGUNDA SESIÓN)
Xogando e gozando coa lectura de 'A balada dos unicornnios', de Ledicia Costas, no club de lectura de 2º ESO.
EXPO 'OS COGUMELOS'

Que bonita e interesante a exposición de cogumelos que fixo o Departamento de Bioloxía coa colaboración do alumnado de 3°e 4° ESO! Como podedes ver, a recollida desta mañá foi moi moi proveitosa...














Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






























