GRAN CONCURSO 'DEBUXO PARA UN NADAL'



CONCURSO DE DEBUXO

ALUMNADO DE INFANTIL E 1º/2º DE PRIMARIA

Co gallo da celebración do Nadal propoñémosvos desde a Biblioteca un Concurso de Debuxo para todo alumnado de Infantil e 1º/2º de Primaria.

BASES:



   1. Os  debuxos terán  obrigatoriamente que facer referencia ao NADAL.

    2. Os debuxos entregaranse na biblioteca nun folio co nome, apelidos e curso do alumno ou alumna (escritos por detrás do debuxo)

     3. A data límite de entrega  será o xoves 13 de decembro.

    4. O xurado valorará en cada debuxo a perfección, a idea a expresar e a orixinalidade do mesmo.

     5. O venres 21 farase entrega dos premios ao alumnado gañador.

     6. Haberá un premio para Infantil e outro para 1º/2º Primaria.

     7. O premio consistirá material  funxible de pintura.

    8. Todas as obras recibidas exporanse na biblioteca e publicaranse nas redes   sociais e no blog da mesma. As obras gañadoras decorarán ademais as postais de Nadal do colexio.



Ningún comentario:

Publicar un comentario