'AS VOCES DA AUGA', DE ÁNXELA GRACIÁN

La imagen puede contener: una persona

'As voces da auga', de Ánxela Gracián, é a novela gañadora da oitava edición dos Premios Meiga Moira. Pronto na nosa biblioteca... 

Neses instantes, no interior do río, Li sentíase tan transparente coma o cristal. Entón, como polas noites antes de adormecer, podía escoitar de novo con nitidez as voces da auga, como unha chamada que non a enxordecía coa súa cantilena monótona de ave de paso, senón que lle infundía esa forza descoñecida das ondas que galopaban, propiciando que ela tamén formase parte dese mundo líquido e poderoso que, alí no fondo do val, se arrastraba lento coma unha búfala preñada0, porque era alí, precisamente naqueles remansos, onde a voz do río berraba arrastrando consigo tamén a fondura dos cavorcos da terra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario