Paco Roca no noso Club de lectura



Hoxe reproducimos aquí o mail de resposta de Paco Roca. Contabámoslle nun correo que estabamos a ler/disfrutar en Lectour@s da lectura de Engurras, unha das súas novelas gráficas máis coñecida e premiada, e esto foi o que nos respostou...

Hola, Eva, Alexia, Alba, Paula Seoane, Paula Villar, Elena, Wiliane, Lidia y Raúl. Espero no dejarme a ninguno de vosotros.


Carmen, vuestra profesora, me ha comentado que estáis trabajando en clase con mi cómic Arrugas. Para mí es todo un honor. Arrugas surge de la necesidad de hablar de la vejez de mis padres. En aquel momento ya eran muy mayores y empezaban a tener problemas de salud. Me di cuenta además de que la vejez era un tema escasamente tratado, ya no sólo en los cómics, también en las novelas o en el cine.

Por eso decidí hacer una historia donde todos los protagonistas fueran personas mayores hablando de sus problemas. Mis padres vivían en su casa, pero para la historia quería buscar un entorno más amplio donde se pudieran ver diferentes tipos de vejez.

Durante seis meses estuve visitando diferentes residencias para documentarme. Todo lo que cuento en Arrugas está sacado de aquellas vistas.

Creo que en definitiva Arrugas trata sobre todo de la soledad de las personas.
Espero que os guste.

Ah, os recomiendo también la adaptación al cine. Veréis que hay algunas diferencias.

Un abrazo a todos y todas.

Paco Roca

Moitas grazas polas túas palabras. E grazas tamén por esta estupenda historia, ben contada e ben ilustrada.  

Máis fotos no noso photocall



Y dúas lectoras máis de 'Diario de Nikki' que posan a mar de sorrintes no photocall... Grazas e a seguir lendo!



O Biblionadal


Na biblioteca xa levamos uns días vivindo o Biblionadal: libros por todas partes- hasta na bañera de Papá Noél-, a decoración que xa vos amosamos e as voluntarias e voluntarios "vestidos" para a ocasión. E contamos además coa estupenda visita de ávidos lectores á procura de novas historias...























Libros para este Nadal (segunda parte) e tamén películas



E aquí está o segundo video prometido: máis libros e algunhas películas que xa podedes coller na biblioteca para ver en familia...



Libros para este Nadal (primeira parte)


Aquí tendes o primeiro video con libros recién chegados á biblioteca, variadas suxestións lectoras para este Nadal... ou para algún agasallo. E para todas a idades. E haberá un segundo video con máis libros e algunha película que tamén podedes coller en préstamo na nosa biblioteca. 



Coñecendo un pouco mellor a Paco Roca...


Paco Roca é o autor da novela gráfica Engurras, que estamos a ler no club de lectura do alumnado de 3º e 4º ESO. Imos coñecelo un pouco máis... E Como? Pois pasándonos pola súa web www.pacoroca.com ou na entrevista que lle fixeron no programa de TVE Página 2, entrevista que podedes ver AQUÍ. 



Tráiler e sinopse de 'Un monstro vén a verme'



Merecedora de numerosos premios e distincións, Un monstro vén a verme- que acaba de publicar en galego a editorial Kalandraka- é unha historia emocionante e extraordinaria sobre un neno, a súa nai enferma e o monstro que ven a visitalo.

Sete minutos despois da medianoite, Conor desperta e atopa un monstro na xanela. Pero non é o monstro que el esperaba, o do pesadelo que ten casi todas as noites desde que a súa nai empezou o seu longo tratamento. Non, este monstro é algo diferente, antigo... E quere o máis perigoso de todo: a verdade.

Maliciosa, divertida e conmovedora, Un monstro vén a verme fálanos da nosa dificultade para aceptar a perda e dos lazos fráxiles pero extraordinariamente poderosos que nos unen á vida.

Aquí tendes o trailer de da película baseada na estupenda novela- tenra e dura ao mesmo tempo- de Patrick Ness.








Esmeraldina séguenos contando as súas aventuras...

 

E  o club de lectura de Esmeraldina, a pequena defunta segue a su andadura entre receitas de cociña, sorrisos e capítulos que se "devoran" tan axiña e ta a gusto coma os doces que acompañan a tertulia.

As nosas e nosos lectour@s estanse a converter, ademáis de en moi bo lectores, en expertos chefs de cociña...





'O Papagaio' espérate na Biblioteca


E máis novidades pola Biblioteca...

Desde este mes estamos subscritos a O Papagaio, revista en galego moi amena e de contido moi variado que seguro contén información e artigos do voso interese. Coñecedes ao grupo galego de rock Furious Monkey House, por exemplo? Pois podedes atopar en O Papagaio unha simpática entrevista aos seus integrantes. E tamén seccións sobre as novas tecnoloxías, ecoloxismo, arte urbana,...

O luns xa podes atopar na Biblioteca os tres primeiros números. 

Vinde coñecer a O Papagaio!

















O biblionadal xa chegou!!


E sabedes o que tamén xa chegou á Biblioteca? Pois...

O BIBLIONADAL!!

E xa pasou pola Biblioteca un famoso persoeiro, que se dou un bo baño e deixounos toda a roupa pendurada a secar. Seguro que volve- aínda que non creo que o poidamos ver- para deixarnos algúns libro-agasallos. Seguro que xa sabedes de quen se trata, non é?










Ano Isaac Díaz Pardo (1)


Este ano no CPI Fonte-Díaz é o ANO ISAAC DÍAZ PARDO. E  non podía faltar na nosa Biblioteca, ademáis nos libros de consulta, algúns exemplares sobre a súa vida e obra adaptados aos máis novos. Titúlase así, Isaac Díaz Pardo para as nenas e nenos galegos, e a autora é Loli Beloso Neira

Están na Biblioteca, a disposición de quenes queirades disfrutalos, e van tamén nas mochilas viaxeiras, que están a piques de empezar a súa andaina.

Aquí tendes algunhas imaxes... 








Gioconda Belli de aniversario


Tal día como hoxe, 9 de decembro, pero de 1948 nacía Gioconda Belli, poetisa e novelista nicaragüense. El país de las mujeres (Premio Hispanoamericano de Novea La otra orilla 2010) ou La mujer habitada son algunhas das súas novelas máis coñecidas. 

Se queredes saber máis dela e da súa obra, ESTE  é o enlace á súa páxina web

Aquí vos deixamos un dos seus poemas, Uno no escoge...

Uno no escoge el país donde nace;
pero ama el país donde ha nacido.


Uno no escoge el tiempo para venir al mundo;
pero debe dejar huella de su tiempo.

Nadie puede evadir su responsabilidad.
Nadie puede taparse los ojos, los oídos,
enmudecer y cortarse las manos.

Todos tenemos un deber de amor que cumplir,.
una historia que nacer
una meta que alcanzar.

No escogimos el momento para venir al mundo:
Ahora podemos hacer el mundo
en que nacerá y crecerá
la semilla que trajimos con nosotros.





'Diario de Nikki'. Seguimos co photocall...



O libro 'Diario de Nikki' segue aumentando os seu club de fans. Estas son outras das moitas lectoras e lectores que se animan a lelo. E ben que lles gusta, nos din.

A seguir lendo, mozas!
Saúdos de Lectouriña!

Novas da biblioteca

Nesta sección de "Novas da biblioteca" iremos contando as novidades de todo tipo que vaian xurdindo por aquí, pola biblio. Esta semana, por exemplo, temos dúas.


A primeira son as cestiñas con escolla de libros variados , que irán cambiando, que están en cada mesa das tres seccións da biblioteca- Infantil, Primaria e Secundaria- para facilitar a lectura rápida sen perder tempo na busca. Aquí as tendes...





A segunda é o nove expositor cos libros de Gerónimo Stilton. Luce ben o noso heroe na súa avioneta, non é?




E a terceira segunda é a árbore que nos medrou na biblioteca; as súas follas non fan a fotosíntese senon que se "alimentan" coas suxestións e peticións dos nosos alumnos e alumnas. Velaí está... Gústavos? 


E por hoxe nada máis. Deica logo...

Saúdos de Lectouriña!