O xoves 16 de febreiro tivemos a sorte de contar coa visita de Rogelio Santos Queiruga. Algunhas voluntarias da biblioteca foron as encargadas de recibilo e acompañalo nunha visita á biblioteca e á exposición de traballos sobre o mar realizados polos alumnos e alumnas de Secundaria, debuxos científicos e "collages" de animais mariños, "lap books" sobre oceanógrafas, así como os nosos barcos da paz. Despois todo o alumnado do cole gozou do seu entusiasmo e o amor que transmite polo seu oficio e seu medio de vida, o mar. Foi unha mañá moi enriquecedora, pola que só lle podemos dar as grazas e desexar telo de novo de visita. Tamén queremos agradecer ás voluntarias o seu traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario