O luns 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e a Non Violencia. Neste "Ano do mar" quixemos enviar os nosos barcos con mensaxes de paz. Por iso, cada alumno e alumna realizou o seu barco de papel con mensaxes de paz e, despois de decoralos, foron colgados nun lugar de paso para que todos puidesen lelos. O noso lema foi "Navegando cara á a paz" e o resultado é así de fermoso. Agardamos que se cumpran todos eses desexos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario