O día 11 de febreiro celébrase o Día da muller e a nena na ciencia e, para conmemoralo, no noso cole leváronse a cabo distintas actividades. Unha das actividades foi a exposición "Mulleres na ciencia" cedida polo Campus de Ourense da Universidade de Vigo. O alumnado de ciencias de 4º da E.S.O. foi o encargado de preparar os paneis e presentarlle as distintas científicas aos seus compañeiros e compañeiras de Secundaria e de 5º e 6º de primaria dunha maneira sinxela e amena. Parabéns por ese traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario