O pasado xoves, 1 de febreiro, o noso alumnado gozou dunha conferencia sobre o acelerador de partículas máis grande do mundo (LHC). Impartida por Iván Cambón Bouzas, do IGFAE, Instituto Galego de Física e Altas Enerxías, o propósito da mesma foi mostrar o funcionamento, da man dun experto, do LHC (Large Hadron Collider). Trátase dun enorme anel de 27 Km de diámetro, situado a 100 metros baixo o solo da fronteira entre Francia e Suíza, onde se construíron as instalacións do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear). Aquí fanse chocar feixes de partículas subatómicas a velocidades moi próximas á da luz. E para que? O obxectivo é estudar as partículas resultantes destas colisións e as súas interaccións, para destrañar os misterios da materia que compón todo o que conforma o Universo. En 2012, o LHC abraiou ao mundo coa detección do bosón de Higgs. Hoxe, este grande experimento continúa a procura dos elementos fundamentais da materia, que nos axuden a comprender mellor a natureza e todo o que coñecemos.
Os mandados de Dona Meca
Comeza o tempo de Entroido e a nosa Dona Meca xa ten preparados os seus mandados para celebralo por todo o alto. Ao longo da semana iremos cumplindo os seus mandados, que non son acumulativos, e remataremos a festa cun desfile por Fonte Díaz, se o tempo o permite, o venres, 9 de febreiro. Agardámosvos!
A árbore da paz
O pasado 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar para a Non Violencia e da Paz e no noso centro, neste Ano do Bosque, creamos a Árbore da Paz. Na silueta dunha árbore, proporcionada polo profesor de Tecnoloxía, colocamos follas nas que, cada aula, escribribiu a súa mensaxe de Paz. Desexamos que todos eses desexos se fagan realidade.
Por outro lado, os alumnos e alumnas de 6º de primaria reinauguraron o poste dos sinais, con indicadores dos lugares de orixe dos seus novos compañeiros e compañeiras, aos que convidaron para que desen ou seu visto e prace. No alto colocaron un sinal de Palestina, como acto simbólico.
Portas do bosque
Como vén sendo tradición, con motivo do biblionadal organizouse o concurso de decoración de portas. Este ano o lema, como non podía ser de outro xeito, era Portas do bosque. Hoxe queremos ensinarvos o resultado de todo o traballo levado a cabo nas distintas portas, así como o paso do xurado (composto por alumnado voluntario da biblioteca) que valorou as mesmas. Xa temos portas gañadoras que se darán a coñecer con motivo do Día do libro. Parabéns a todos os participantes, o xurado tívoo complicado para elixir!
4º de Infantil
Biblionadal. Festival de Nadal.
O último día do trimestre celebramos un festival de Nada no que houbo obras de teatro, bailes, cancións. Foi unha xornada festiva, na que todos participamos con entusiasmo e na que mesmo recibimos a visita de dous personaxes moi impartantes para esas datas, Papá Noel e O Apalpador. Este festival contou coa participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria e de algúns alunmos e alumnas de Secundaria e coa colaboración de todo o profesorado, en especial do mestre de música e do mestre de 5º de Primaria, polo que só nos queda felicitalos a todo polo seu traballo. Foi unha xornada máxica!




















































