Conferencia: O LHC, o acerlerador de partículas máis grande do mundo

  O pasado xoves, 1 de febreiro, o noso alumnado gozou dunha conferencia sobre o acelerador de partículas máis grande do mundo (LHC). Impartida por Iván Cambón Bouzas, do IGFAE, Instituto Galego de Física e Altas Enerxías, o propósito da mesma foi mostrar o funcionamento, da man dun experto, do LHC (Large Hadron Collider). Trátase dun enorme anel de 27 Km de diámetro, situado a 100 metros baixo o solo da fronteira entre Francia e Suíza, onde se construíron as instalacións do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear). Aquí fanse chocar feixes de partículas subatómicas a velocidades moi próximas á da luz. E para que? O obxectivo é estudar as partículas resultantes destas colisións e as súas interaccións, para destrañar os misterios da materia que compón todo o que conforma o Universo. En 2012, o LHC abraiou ao mundo coa detección do bosón de Higgs. Hoxe, este grande experimento continúa a procura dos elementos fundamentais da materia, que nos axuden a comprender mellor a natureza e todo o que coñecemos.







Ningún comentario:

Publicar un comentario