Sabores do mundo: China

No mes de xaneiro continuamos o noso percorrido polos "Sabores do mundo" no noso comedor, esta vez tocounos degustar comida chinesa: Roliños de primavera, porco agridoce e froita do lume divino... Foi toda unha experiencia! Que gran traballo!
















Día da Paz

O Día da Paz e a Non Violencia, ademais de adicar unha hora hora a facer grúas, tamén visualizamos unhas curtas sobre a historia de Sadako, aquí deixamos os enlaces das historias e fotos do alumnado de infantil que visualizou as mesmas na Biblio.
Para Infantil e Primaira:



Para Secundaria:







Reparto de grúas!

Grazas ao gran número de grúas que conseguimos xuntar, a última actividade da nosa conmemoración do Día da Paz e  a Non Violencia implicou ao alumnado voluntario da Biblio que repartiu grúas polas rúas de Fonte Díaz e compartiron cos veciños e veciñas a historia de Sadako, veciños e veciñas que nos acolleron encantados.
















Día da Paz 2020

Para o Día Escolar para a Paz e a Non Violencia e no cole propuxémonos un reto: facer mil grúas de papiroflexia! Mil grúas pola paz.
No Xapón existe unha lenda que conta que, a todo aquel que consiga facer mil grúas de papel lle será concedido un desexo. Despois da Segunda Guerra Mundial, a grúa converteuse nun símbolo da paz a causa da historia de Sadako Sasaki, unha nena de Hiroshima. Sadako enferma de leucemia por culpa da radiación da bomba atómica e, estando ingresada no hospital, unha amiga fálalle da antiga tradición das grúas de papel. Ela decide facer as mil grúas, por desgraza non o consigue, chegaría ata as 644, sen embargo, os seus amigos, deciden completar as grúas ata chegaren a mil para pedir pola paz mundial, converténdoas así nun símbolo da paz.
Pouco a pouco fumos sumando grúas ao noso marcador (moitisimas grazas ao departamento de Tecnoloxía!), conseguimos as mil? Seguide lendo!
































Como podedes ver, comezamos con pouquiñas grúas e, grazas ao traballo conxunto de todo o cole, pouco a pouco fumos xuntndo máis e máis grúas. Ademais o alumnado voluntario de 5º de primaria fixo unha labor formativa nos recreos ensinando aos compañeiros e compañeiras a realizar as grúas.
E despois de varias semanas de traballo, aquí podedes ver o resultado! Reto máis que superado! Grúas de todos os tramaños ocuparon diferentes espazos do colexio!