Día do libro. Apadriñamentos lectores

 O pasado mércores 23 de abril celebramos o Día do libro no  noso centro o que marcou o inicio do noso Mes das Letras. Unha das actividades de este e que xa é unha tradición sos apadriñamentos lectores que este ano tiveron lugar o propio Día do Libro. O alumnado voluntario da biblioteca realizou lecturas para o alumnado de Infantil. Aproveitando a mañá solleira, o alumnado distribuíse polo patio en grupos de 2 ou de 3, os voluntarios e voluntarias achegáronse aos distintos grupos e realizon as lecturas dos libros que levaban. Foron rotando por varios grupos unha vez rematada a lectura ao primeiro, así foron varios os contos que escoitaron, con moita atención os alumnos e alumnas de Infantil.

 Trátase de unha actividade que o alumnado voluntario agarda con moita ilusión, preparando as lecturas con tempo para facelas amenas aos seus oíntes e que o alumnado de Infantil acolle con moito interese e gozo. Unha gran xornada de convivencia e aprendizaxe para eles e que sempre piden repetir.




















Día do libro 2025

  O mércores 23 de abril celebramos o Día do libro no noso centro. Fixémolo coa xa tradicional entrega de premios presentados por dous voluntarios da biblioteca. Fixemos entrega dos premios ás Portas da Historia, ao Quen é quen, aos gandores dos pasaportes lectores, aos pasaportes temáticos e á máis lectora.

 Esta entrega de premios marca o inicio do noso Mes das Letras, polo que moi pronto seguiremos compartindo as actividades que se irán desenvolvendo ao longo das próximas semanas. 

Feliz Día do Libro!













50 aniversario

 Como xa sabedes, este ano o noso centro celebra o seu 50 aniversario. Aínda que xa celebramos un acto no que recordamos a apertura do centro, o 17 de maio é a data elixida para a celebración deste 50 aniversario con todos e todas as que tiveron e teñen algunha relación co cento: persoal docente que pasou polo centro ao longo destes 50 anos, alumn@, antig@s alumn@s, familias, peroal de cociña, de administración, conserxería, limpeza... e todos e todas as que queiran achegarse a celebrar. Será unha xornada de encontros e convivencia. Haberá música, teatro, unha exposición con materiais da historia escolar e remataremos cun xantar ao que aínda estades a tempo de anotarvos. Só tedes que enviar un correo á dirección colexiotouro@gmail.com e enviaranvos o formulario no que vos podedes inscribir. O prazo remata o día 10 de maio, ou picar no seguinte enlace:

 Formulario xantar 50 aniversario

Encantaranos contar coa vosa presenza!

























Saída á Casa do Patrón

 Dentro deste Ano da Historia, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria realizou unha saída na que aprenderon da historia da nosa terra na Casa do Patrón, en Lalín. Ademais de visitar as distintas estancias, nas que se recrean distintos oficios e fogares tradicionais, tamén realizaron un obradoiro no que fixeron o seu propio queixo de maneira artesanal. Unha saída na que, de maneira lúdica, viron unha parte da nosa historia.