Día de Rosalía de Castro

  O 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro e foron varias as actividades que se levaron a cabo no noso centro para lembrar esa data tan sinalada. O día anterior, no comedor, gozamos, como xa vén sendo tradicional, do caldo de gloria e da torta de aniversario. Así mesmo, agasallamos á comunidade educativa cun marcador de libros coa imaxe e as verbas de Rosalía.




  Un ano máis seguimos as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebaración do Día de Rosalía, este ano baixo o lema "O amor da patria galega".
 En Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria despois de ler estes versos,

Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fóra, 
festiña por dentro. (...)

Así mo pediron
na beira do mar,
 ao pé das ondiñas
que veñen e van.

Así mo pedron
na beira do río
que corre antre as herbas
do campo frorido.

Cantaban os grilos,
os galos cantaban,
o vento antre as follas
ruxindo pasaba.

Campaban os prados, 
manaban as fontes
antre as herbas e viñas, 
figueiras e robres.

fixeron uns debuxos cos que crearon uns fermosos colaxes, ademais de traballar a figura de Rosalía nas aulas.







  No segundo e terceiro ciclo de Primaria traballaron o poema "Adiós ríos, adiós fontes", debuxaron a Rosalía e crearon montaxes cos debuxos.
 





 O mestre de 6º de Primaria creou, en colaboración con outra compañeira, un xogo para coñecer mellor a Rosalía, con preguntas propostas polo alumnado de todo o centro e que estrearon para conmemorar o aniversario de Rosalía.



 O alumnado de Francés de Secundaria traduciu ao galego o poema de Rosalía "Adeus ríos, adeus fontes" e despois compuxeron sonetos sobre a natureza e a súa terra. 
 








 


 



 









Novidades

  Aquí vos deixamos as últimas incorporacións ao noso catálogo. Agardamos que vos gusten!



Entroido do Bosque.

  O pasado venres, 9 de febreiro, foi a gran celebración do Entroido no noso cole. Despois dunha semana na que fumos seguindo os mandados de Dona Meca, chegou a clebración, por todo o alto, do Entroido.

 O tempo non nos permitiu facer o desfile pola rúa, como é tradición, pero puidemos bailar e representar no patio cuberto. Por alí pasaron árbores, pitufos, ananiños, cogomelos, todo tipo de animais, gardiáns do bosque, fadas... Un desfile cheo de cor e de ledicia. Tamén contamos con música, atraques e coa visita dos xenerais da Ulla. Moitas grazas a todos  e a todas os que participaron e fixeron posible a celebración desde día tan destacado. 
































Conferencia: O LHC, o acerlerador de partículas máis grande do mundo

  O pasado xoves, 1 de febreiro, o noso alumnado gozou dunha conferencia sobre o acelerador de partículas máis grande do mundo (LHC). Impartida por Iván Cambón Bouzas, do IGFAE, Instituto Galego de Física e Altas Enerxías, o propósito da mesma foi mostrar o funcionamento, da man dun experto, do LHC (Large Hadron Collider). Trátase dun enorme anel de 27 Km de diámetro, situado a 100 metros baixo o solo da fronteira entre Francia e Suíza, onde se construíron as instalacións do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear). Aquí fanse chocar feixes de partículas subatómicas a velocidades moi próximas á da luz. E para que? O obxectivo é estudar as partículas resultantes destas colisións e as súas interaccións, para destrañar os misterios da materia que compón todo o que conforma o Universo. En 2012, o LHC abraiou ao mundo coa detección do bosón de Higgs. Hoxe, este grande experimento continúa a procura dos elementos fundamentais da materia, que nos axuden a comprender mellor a natureza e todo o que coñecemos.







Os mandados de Dona Meca

  Comeza o tempo de Entroido e a nosa Dona Meca xa ten preparados os seus mandados para celebralo por todo o alto. Ao longo da semana iremos cumplindo os seus mandados, que non son acumulativos, e remataremos a festa cun desfile por Fonte Díaz, se o tempo o permite, o venres, 9 de febreiro. Agardámosvos!




A árbore da paz

  O pasado 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar para a Non Violencia e da Paz e no noso centro, neste Ano do Bosque, creamos a Árbore da Paz. Na silueta dunha árbore, proporcionada polo profesor de Tecnoloxía, colocamos follas nas que, cada aula, escribribiu a súa mensaxe de Paz. Desexamos que todos eses desexos se fagan realidade.


 Por outro lado, os alumnos e alumnas de 6º de primaria reinauguraron o poste dos sinais, con indicadores dos lugares de orixe dos seus novos compañeiros e compañeiras, aos que convidaron para que desen ou seu visto e prace. No alto colocaron un sinal de Palestina, como acto simbólico.