O 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro e foron varias as actividades que se levaron a cabo no noso centro para lembrar esa data tan sinalada. O día anterior, no comedor, gozamos, como xa vén sendo tradicional, do caldo de gloria e da torta de aniversario. Así mesmo, agasallamos á comunidade educativa cun marcador de libros coa imaxe e as verbas de Rosalía.
Día de Rosalía de Castro
Entroido do Bosque.
O pasado venres, 9 de febreiro, foi a gran celebración do Entroido no noso cole. Despois dunha semana na que fumos seguindo os mandados de Dona Meca, chegou a clebración, por todo o alto, do Entroido.
O tempo non nos permitiu facer o desfile pola rúa, como é tradición, pero puidemos bailar e representar no patio cuberto. Por alí pasaron árbores, pitufos, ananiños, cogomelos, todo tipo de animais, gardiáns do bosque, fadas... Un desfile cheo de cor e de ledicia. Tamén contamos con música, atraques e coa visita dos xenerais da Ulla. Moitas grazas a todos e a todas os que participaron e fixeron posible a celebración desde día tan destacado.
Conferencia: O LHC, o acerlerador de partículas máis grande do mundo
O pasado xoves, 1 de febreiro, o noso alumnado gozou dunha conferencia sobre o acelerador de partículas máis grande do mundo (LHC). Impartida por Iván Cambón Bouzas, do IGFAE, Instituto Galego de Física e Altas Enerxías, o propósito da mesma foi mostrar o funcionamento, da man dun experto, do LHC (Large Hadron Collider). Trátase dun enorme anel de 27 Km de diámetro, situado a 100 metros baixo o solo da fronteira entre Francia e Suíza, onde se construíron as instalacións do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear). Aquí fanse chocar feixes de partículas subatómicas a velocidades moi próximas á da luz. E para que? O obxectivo é estudar as partículas resultantes destas colisións e as súas interaccións, para destrañar os misterios da materia que compón todo o que conforma o Universo. En 2012, o LHC abraiou ao mundo coa detección do bosón de Higgs. Hoxe, este grande experimento continúa a procura dos elementos fundamentais da materia, que nos axuden a comprender mellor a natureza e todo o que coñecemos.
Os mandados de Dona Meca
Comeza o tempo de Entroido e a nosa Dona Meca xa ten preparados os seus mandados para celebralo por todo o alto. Ao longo da semana iremos cumplindo os seus mandados, que non son acumulativos, e remataremos a festa cun desfile por Fonte Díaz, se o tempo o permite, o venres, 9 de febreiro. Agardámosvos!
A árbore da paz
O pasado 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar para a Non Violencia e da Paz e no noso centro, neste Ano do Bosque, creamos a Árbore da Paz. Na silueta dunha árbore, proporcionada polo profesor de Tecnoloxía, colocamos follas nas que, cada aula, escribribiu a súa mensaxe de Paz. Desexamos que todos eses desexos se fagan realidade.
Por outro lado, os alumnos e alumnas de 6º de primaria reinauguraron o poste dos sinais, con indicadores dos lugares de orixe dos seus novos compañeiros e compañeiras, aos que convidaron para que desen ou seu visto e prace. No alto colocaron un sinal de Palestina, como acto simbólico.



.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)






















































