Novidades

 Comezamos a semana mostrándovos as novidades que podedes atopar na biblio. Esperamos que as desfrutedes!




Día Escolar para a Paz e a Non Violencia

 Hoxe queremos contarvos a nosa proposta para a celebración do Día da Paz e a Non Violencia neste 2021.

 En vista do éxito da proposta que lanzamos o ano pasado para o Día da Paz, conseguir mil grúas de papel, este ano quixemos propor outro ambicioso reto:

Un nen@, unha árbore.

 Para iso, neste ano no que seguimos coa Volta ao mundo, inspirámonos en Wangari Maathai (a Muller Árbore ou a Nai dos Bosques), Premio Nobel da Paz por fundar o Movemento Cinturón Verde, co que axudou a plantar máis de 30 millóns de árbores en toda Kenia. 

 Así, a nosa proposta foi a seguinte: cada neno e nena do centro sementaría a súa propia árbore, pedímoslles que trouxesen unha landra, que plantaron na clase, e así poder observar cómo agromaba, e, unha vez xerminados, poder levar para as súas casas. Deste xeito, tamén colaboramos co Plan Proxecta que se está a desenvolver no centro de Paisaxe e Sustentabilidade co lema Ecotourízte!

 Moi pronto ensinaremos os resultados!



 Así mesmo, preparamos unha exposición con libros que poden servir de inspiración para a celebración desta data. 








Novidades

 Xa estamos de volta! Queremos comezar o ano con algunhas das novas lecturas chegadas á nosa biblio. Esperamos que vos gusten!




Radio na Biblio. O coronavirus

 Nesta ocación queremos compartir con vós un programa moi especial. Foi realizado por Aldán, alumno de 2º de Primaria, coa axuda do seu profe Paco e nel fálanos do coronavirus así como dos cambios que foi necesario levar a cabo no noso cole. Para iso realizará diferentes entrevistas (unha doutora, a directora do noso centro, a unha coidadora do comedor e a dous alumnos) e acompañarase da súa música favorita. Un gran programa que esperamos que vos guste.

Progama de Aldán. O coronavirus

Radio na biblio. Woyzeck- 25N

 Xa podedes escoitar un novo progama da nosa radio. O alumnado de 6º de Primaria, coa axuda do seu profe Paco, fálannos da película Woyzeck e chegan a unhas interesantes conclusións sobre a violencia de xénero.

Woyzeck

Biblionadal de premios e cine

 O día 22 de decembro, coincidindo co remate de trimestre, fíxose a entrega de premios dos distintos concursos convocados ao longo do trimestre.

  • Concurso de Cabazas:

Os gañadores foron Santiago e Noa, de 6º de Infantil:





Adriana, de 2º de Primaria:


  • Relatos de medo:
Borja, 3º de Primaria:




Inés, 4º de Primaria:

Óscar Xosé, de 5º de Primaria:








  • Outono fotográfico:
Nazaret e María R. de 1º da ESO

Entrega de premios

















E por último desfrutamos dunha sesión de cine nas aulas.













Tamén compartimos os adornos de Nadal con material de refugallo que o noso alumnado fixo coa súa profe Susana. Esperamos que vos gusten!















Boas vacacións e vémonos en xaneiro!







Recomendacións Lectoras Nadal

 Como xa vén sendo tradición queremos compartir con todos vós as nosas Recomendacións Lectoras para este Nadal. Esperamos que as desfrutedes!




Biblionadal 2020

 Con motivo da chegada do inverno, o EDL e o EB do CPI Fonte Díaz quere convocarvos a todos e a todas a varias actividades centradas no Nadal. Para iso propoñémosvos:

  • Realización de Adornos reciclados ou con material de refugallo. Estes adornos poden facer referencia ao inverno ou á propia figura do apalpador e serán publicados nas nosas redes sociais.
  • Concurso de Poemas (Primaria e Secundaria). Os poemas terán unha extensión libre, con calquera número de versos e rima ou verso libre. O tema das poesías terá que facer referencia ao Nadal e deberá incluír algunha destas palabras: MUNDO, VIAXE ou NOME DALGÚN PAÍS. Serán entregados na biblioteca nun folio co nome, apelidos e curso do alumno/a. A data límite será o venres 11 de decembro.
  • Concurso de debuxos sobre o Nadal (Infantil e 1º e 2º de Primaria). Os debuxos farán referencia ao Nadal, serán entregados na biblioteca nun folio co nome, apelidos e curso do alumno/a. A data límite será o venres 11 de decembro.
  • Concurso Radio na Biblio: Buscamos nome e logo para a nosa Radio. O prazo remata o 16 de decembro para presentar as vosas propostas. Estas poden entregarse aos titores ou por correo electrónico: biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com



  • Debido á situación actual, houbo que facer moitos axustes e renuncias, unha delas a nosa, xa tradicional, chocolatada. Sen embargo, queremos que a despedida do trimestre sexa especial, para iso propoñemos que o día 22 de decembro alumnado e profesorado veña vestido coas súas mellores galas. O comedor agasallará ao alumnado cunha sobremesa típica de nadal e despois desfrutarán dunha tarde de cine. Con esto queremos premialos pola súa boa actitude ante as moitas normas novas que a COVID nos obrigou a adoptar.

    Así mesmo, ese día farase entrega dos agasallos dos diferentes concursos convocados nestre trimestre (concurso de cabazas, relatos de medo, outono fotográfico, postais e poesías), parabéns a todos e a todas!




Dende o EDL e o EB agradecemos de novo a vosa colaboración e entusiamo.

Novidades da semana

 Aquí deixamos as novidades que vos traemos esta semana, esperamos que as desfrutedes!