Con motivo da chegada do inverno, o EDL e o EB do CPI Fonte Díaz quere convocarvos a todos e a todas a varias actividades centradas no Nadal. Para iso propoñémosvos:
- Realización de Adornos reciclados ou con material de refugallo. Estes adornos poden facer referencia ao inverno ou á propia figura do apalpador e serán publicados nas nosas redes sociais.
- Concurso de Poemas (Primaria e Secundaria). Os poemas terán unha extensión libre, con calquera número de versos e rima ou verso libre. O tema das poesías terá que facer referencia ao Nadal e deberá incluír algunha destas palabras: MUNDO, VIAXE ou NOME DALGÚN PAÍS. Serán entregados na biblioteca nun folio co nome, apelidos e curso do alumno/a. A data límite será o venres 11 de decembro.
- Concurso de debuxos sobre o Nadal (Infantil e 1º e 2º de Primaria). Os debuxos farán referencia ao Nadal, serán entregados na biblioteca nun folio co nome, apelidos e curso do alumno/a. A data límite será o venres 11 de decembro.
- Concurso Radio na Biblio: Buscamos nome e logo para a nosa Radio. O prazo remata o 16 de decembro para presentar as vosas propostas. Estas poden entregarse aos titores ou por correo electrónico: biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com
Debido á situación actual, houbo que facer moitos axustes e renuncias, unha delas a nosa, xa tradicional, chocolatada. Sen embargo, queremos que a despedida do trimestre sexa especial, para iso propoñemos que o día 22 de decembro alumnado e profesorado veña vestido coas súas mellores galas. O comedor agasallará ao alumnado cunha sobremesa típica de nadal e despois desfrutarán dunha tarde de cine. Con esto queremos premialos pola súa boa actitude ante as moitas normas novas que a COVID nos obrigou a adoptar.
Así mesmo, ese día farase entrega dos agasallos dos diferentes concursos convocados nestre trimestre (concurso de cabazas, relatos de medo, outono fotográfico, postais e poesías), parabéns a todos e a todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario