Foi moito o que se traballou ao longo destas semanas para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Propuxemos aos distintos cursos traballar, baixo o lema "As lecturas do mundo", a situación de marxinación que viven as mulleres baseándonos en contos escritos por autores de diferentes países.
O alumnado de Infantil centrouse no conto "Maruxa" de Eva Mejuto e Mafalda Milhoes, e baseado nunha canción polaca, servíndolles para traballar os esterotipos. Contaron o conto, falaron sobre quen realizaba nas súas casas as tarefas do fogar e crearon unhas "Maruxas" con pasta de modelar, dando lugar a unhas obras ben fermosas!Nestes vídeos pódese ver o resultado do seu traballo.
4º de Infantil
6º de Infantil
1º de Primaria
2º de Primaria
En 3º de Primaria traballaron "Os bonobos con lentes" de Adela Turín e Nella Bosnia, do que sacaron interesantes reflexións. Fixeron unhas lentes como as dos bonobos e escoitaron e bailaron a canción "Adventure of a Lifetime" de Coldplay, rematando así cun toque divertido.
En 4º de Primaria os alumnos e alumnas estiveron a traballar os estereotipos e os prexuízos, leron o conto "Unha feliz catástrofe" de Adela Turín e Nella Bosnia, reflexionaron sobre o comportamento das personaxes e propuxeron cambios para mellorar a convivencia e promover a igualdade.
O alunmado de 6º de Primaria traballou "O libro dos porcos" de Anthony Browne, así como "Unha feliz catástrofe" e realizaron unha investigación sobre mulleres traballadoras en distintos ámbitos.
O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando tamén "O libro dos porcos"
O alumndo da ESO participou nunha actividade promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades e pola Secretaría Xeral de Igualdade. Consistiu nunha transmisión a través da web CESGA, na que participaron centros de toda Galicia, e na que visionaron 5 vídeos que resultaron gañadores nos concursos convocados conxuntamente por ambos departamentos nos anos 2018 e 2019. Ao rematar interviron alumnos e alumnas, así como profesorado de cada centro para comentar a súa experencia. Tamén se fixeron públicos os centros e alunnado gañadores do concurso de lema contra a violencia de xénero convocado, tamén conxuntamente, neste 2020.
Así mesmo, traballaron, en todos os cursos, o libro "Artur e Clementina" de Adela Turin e Nella Bosnia, que lles axudou a reflexionar sobre este tema.
Aquí vos deixamos algunhas das conclusións ás que chegaron os alumnos e alumnas de 3º da ESO.
Pola súa banda, o alumnado de 4º da ESO realizou unha curtametraxe para concienciar sobre a violencia contra a muller. É un vídeo realizado, guionizado e editado íntegramente por eles e o resultado é sobrecolledor polas realidades que reflicte. Fixeron un gran traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario