Día da Paz 2020

Para o Día Escolar para a Paz e a Non Violencia e no cole propuxémonos un reto: facer mil grúas de papiroflexia! Mil grúas pola paz.
No Xapón existe unha lenda que conta que, a todo aquel que consiga facer mil grúas de papel lle será concedido un desexo. Despois da Segunda Guerra Mundial, a grúa converteuse nun símbolo da paz a causa da historia de Sadako Sasaki, unha nena de Hiroshima. Sadako enferma de leucemia por culpa da radiación da bomba atómica e, estando ingresada no hospital, unha amiga fálalle da antiga tradición das grúas de papel. Ela decide facer as mil grúas, por desgraza non o consigue, chegaría ata as 644, sen embargo, os seus amigos, deciden completar as grúas ata chegaren a mil para pedir pola paz mundial, converténdoas así nun símbolo da paz.
Pouco a pouco fumos sumando grúas ao noso marcador (moitisimas grazas ao departamento de Tecnoloxía!), conseguimos as mil? Seguide lendo!
































Como podedes ver, comezamos con pouquiñas grúas e, grazas ao traballo conxunto de todo o cole, pouco a pouco fumos xuntndo máis e máis grúas. Ademais o alumnado voluntario de 5º de primaria fixo unha labor formativa nos recreos ensinando aos compañeiros e compañeiras a realizar as grúas.
E despois de varias semanas de traballo, aquí podedes ver o resultado! Reto máis que superado! Grúas de todos os tramaños ocuparon diferentes espazos do colexio!












Formación da Radio na Biblio

No mes de xaneiro o alumnado de 5º de primaria disfrutou da formación, por parte da asociación Ponte nas Ondas. Foi unha xornada divertida e moi instructiva!















Club de lectura

A última reunión do trimestre do club de lectura de 3º e 4º da ESO foi un pouco especial... falamos do libro ao mesmo tempo que degustamos productos de algún dos países polos que viaxamos e completamos o mapa da nosa viaxe por Europa da man de Andrea Maceiras e o seu Europa Express!

No club de lectura de 1º e 2º da ESO, rematado El jorobado y otras historias de las mil y una noches, andamos polo norte de África, Arabia, Siria, Armenia, Irán, Irak, o Kurdistán... e ata chegamos á China!Por iso degustamos pistachos de Irán e orellóns de albaricoque turcos!






















Concurso Pasapaís

Neste Biblionadal tamén contamos cun concurso ao que titulamos Pasapaís: por un lado tiñamos o "rosco" coa inicial do país que buscabamos e por outro unha árbore na que as bólas eran pistas de tradicións típicas dos países a adiviñar, non podía ser doutra forma neste ano no que estamos a dar A volta ao mundo! O gañador, Pedro, resolveu todas as pistas correctamente e fíxoselle entrega do seu premio, esperamos que o disfrute!




Recomendacións lectoras

Estas son as nosas recomendacións lectoras para estas vacacións:


Biblionadal de cine



 Dentro das actividades deste biblionadal tamén gozamos dunhas xornadas de cine, ao remate das cales se repartiron as recomendacións lectoras para estas vacacións e coas que aproveitamos para desexar ao alumnado unhas boas festas!