No Departamento de inglés de Secundaria desenvolveron varias actividades relacionadas co cine ao longo deste curso.
- Timeline: Crearon unha liña temporal con biografías de mulleres, sobre as cales, vida e/ou obra literaria, hai adaptacións ao cine.
- Halloween: Con motivo desta celebración realizaron unha exposición de portadas de películas de terron en lingua inglesa.
- Merry "movie" Christmas: Nesta festividade tamén adornaron os taboleiros con motivos navideños e cinematográficos.
- Reading: Selección de lecturas obrigatorias e optativas, para todos os cursos, de obras que contan con adaptacións ao cine: The Man in the Iron Mask, Washington Square, Anne of Green Gables, Dr Jekyll and Mr Hyde, Treasure Island, Nurse Matilda...
- Cinema: Traballando as seguintes películas:
-En 2º da ESO: Mr Popper´s Penguuins.
-En 3º da ESO: The Truman Show.
-En 4º da ESO: Ever After: A Cinderella Story
Ningún comentario:
Publicar un comentario