Un ano de cine en 4º de Infantil

  Este curso, as alumnas e alumnos de 4º de Infantil estiveron traballando moito no proxecto do cine. Son moitas as actividades que foron facendo e que agora queremos compartir con vós.

  • Traballaron o conto de Frankenstein. A partir de aí decoraron a porta con el, e con personaxes Disney, e fixeron os seus "Frankis". No Entroido fixeron máscaras de Frankenstein.
  • Partindo da serie "Los pingüinos de Madagascar" realizaron un proxecto sobre os pingüins, ao que a biblio contribuiu con algúns libros, traballando varios aspectos sobre os mesmos. Así mesmo, ese foi o disfrace elixido para o Entroido.

  • Traballaron adiviñas de contos e películas:













  • E un abecedario de cine:


  • Unha árbore do Día do libro coas súas películas favoritas:

  • Unha saída á sala Numax para visualizar a película "Valentina".
  • Sesións de cine nas que tiñan que "comprar" as súas entradas e comían palomitas.
  • A creación de personaxes de cine con froitas. 
  • Creación, dentro do Plan Proxecta, duns colectores de lixo inspirados en personaxes cinematográficos:


 Deixamos un vídeo co resumo de todas estas actividades creado pola súa titora, Rocío. Parabéns por todo este traballo!





Ningún comentario:

Publicar un comentario