Le Tour du Monde 2

  O alumnado da E.S.O. continuou a traballar sobre a obra de Jules Verne e rematamos as lecturas pendentes no 1º trimestre, que debido a pandemia quedaron  pendentes de finalizar no curso pasado. Os libros de lectura como como como xa expusen o curso anterior foron os seguintes :


 Tiñan previsto traballar sobre o caderno de viaxe  “carnet de voyage” no 3º trimestre e sobre os medios de transporte e así o fixeron, pero incluíndo outros temas a elección do propio alumnado. A temática sempre “ A volta ao mundo” “Le tour du monde”. Traballamos as Tics e fixeron uns traballos e unhas exposicións utilizando Genially, Canva, Power Point, Kahoot,  etc.


Día escolar na Non Violencia e da Paz. Un nen@, unha árbore! Realizamos plantacións, marcapáxinas e infografías sobre a figura de Wangari Maathai a muller que nos inspirou para este proxecto.





Outra actividade que funcionou moi ben, e que ten moito que ver coa temática deste curso foi a correspondencia entre alumnos galegos e franceses tanto epistolar como a través doutros medios. É unha experiencia moi enriquecedora e motivadora. Este ano desgraciadamente non puidemos levala a cabo. Continuaron mantendo correspondencia a través das redes sociais alumnos e alumnas que xa tiñan contacto previo con rapaces franceses pero debido ao confinamento das escolas e institutos en Francia este curso escolar non foi posible continuar coa actividade dende o centro. Retomarán o intercambio epistolar o próximo curso 2021-22







Ningún comentario:

Publicar un comentario