Entroido tradicional

 O alumnado de Infantil estivo a traballar sobre os diferentes Entroidos tradicionais de Galicia neste Ano da Historia, sobre todo sobre os Xenerais da Ulla, pois son os máis próximos aos alumnos e alumnas.

O alumnado de 4º de Infantil realizou "lapbooks" sobre os xenerais, un dominó, uns xeneraliños, un cabalo como os dos xenerais e un tricorne. Ademais, recibiu a visita dun xeneral que lles explicou todo o relacionado cos traxes e os atraques.
















 En 5ª de Infantil comezaron o proxecto coa visita dunha nai que falou sobre como celebraba a súa familia esas datas festivas. Elaborou unha presentación sobre o Entroido de Beseño e trouxo partes deses disfraces para que os puidesen probar.









 Elaboraron un "lap book" sobre a historia do Entroido, recolleron información sobre o Entroido galego e, sobre todo, o Entroido do noso concello. Ademais elabraron un "photocall" xunto co alumnado de 4º de Infantil.































Obradoiro de Radio

  O pasado venres, 7 de marzo, o alumnado de 5º de Primaria participou no Obradoiro de Radio na Biblio da man Damián, de Ponte nas Ondas. Un obradoiro no que seguiron aprendendo sobre a radio escolar, profundizando en aspectos xa traballados e incorpornado o traballo en Ficcións sonoras. Unha xornada que o alumnado gozou e do que levan un gran aprendizaxe.












8M. Concentración

  O pasado venres, 7 de marzo, celebrouse unha concentración con motivo do Día Internacional da Muller no campo da festa de Fonte Díaz. Nesa concentración participou o alumnado e o profesorado do noso centro, así como parte da corporación municipal, usuarios do centro social e veciños e veciñas do concello. Un acto realizado en colaboración co concello, presidido por unha pancarta co lema Forza: substantivo feminino. Capacidade para vencer unha resistencia. Durante o acto, unhas alumnas de 4º da ESO leron un manifesto reivindicativo, interpretouse unha canción preparada polo Equipo de Igualdade en colaboración co mestre de música. A canción é unha versión da coñecida canción "Los días de la semana". Remataron o acto unhas alumnas de 4º da ESO interpretando varias cancións tradicionais coas súas pandeiretas. Un acto moi fermoso, moitas grazas a todos e a todas os que o fixeron posible!