Xa temos a nosa exposición de Cabazas da Historia. Este ano o reto era difícil, pero as familias superástesvos unha vez máis, que marabilla de cabazas nos fixestes chegar! Hai de todo, personxes históricos, poboados celtas, animais prehistóricos... O noso xurado tívoo moi complicado para elixir as tres cabazas gañadoras. Pronto as daremos a coñecer, mentres, aquí vos deixamos as fotos das cabazas. Moitas grazas pola vosa colaboración unha vez máis!
Lectour@s, comezamos!
O pasado xoves, 24 de outubro, coincidindo co Día das bibliotecas, demos comezo ás reunións do club de lectura Lectour@s. Fixemos a presentación do curso, comentamos as lecturas que iamos levar a cabo e tivemos un momento de conversa sobre as expectativas do mesmo. Foi un comezo moi divertido. Se aínda non te anotaches, estás a tempo. A próxima reunión será o xoves 7 de novembro, na aula do club durante o recreo. Agardámoste!
Día das bibliotecas
O pasado xoves, 24 de outubro, celebrouse o Día das bibliotecas e, como xa vén sendo tradicional, esa é a data elixida para inaugurar o curso na nosa biblioteca. Fixemos a presentación do proxecto elixido para este curso, A historia, repartimos os pasaportes lectores e o alumnado voluntario fixo entrega das mochilas viaxeiras que comezarán a facer o seu percorrido polas casas. Unha fermosa maneira de celebrar este día tan especial para todas as bibliotecas, así que xa o sabedes, agardámosvos na biblio!
Samagosto
Velaí veñen o Samaín e o Magosto. Nestas dúas festas populares galegas empregamos as cabazas, as espigas e as castañas como base para achegármonos ao outono. Con elas lembramos tamén tradicións que teñen que ver cos recordos dos que viñeron antes ca nós, con máis motivo este ano, coa celebración do 50 aniversario do noso centro e coa celebración do Ano da historia. Dende os Equipos de Dinamización Lingüística e de Biblioteca, do CPI Fonte Díaz, e dende a súa páxina, www.facebook.com/movealingua e www.instagram.com/movealinguatouro, temos preparadas unha serie de actividades para celebrar estas festas.
Concurso de Cabazas da Historia. Durante estas datas as distintas titorías de Infantil e Primaria poden participar no concurso de Cabazas da Historia. Este curso a temática para decorar as cabazas será a historia (personaxes históricos, monumentos, distintas épocas...). Lembrade que podedes empregar follas, castañas, landras e calquera outro material que poidades precisar para a súa decoración. Os días para traer as cabazas ao colexio serán o luns 28 e o martes 29 de outubro. Poderán participar todos os alumnos/as de Infantil e Primaria. Este ano, ao tratarse dun concurso, as cabazas virán co nome, apelidos e curso do alumno ou alumna, escrito na parte de abaixo da mesma de xeito que permaneza oculto á vista. O xurado estará composto polo alumnado voluntario da biblioteca e farase entrega de tres premios, que se resolverán o día 20 de decembro. As fotos aparecerán en www.facebook.com/movealingua, así como en www.facebook.com/Biblioteca-CPI-Fonte-D%C3%Adaz-Touro.
Concurso Fotográfico Lugares de Memoria. Todos os cursos da E.S.O. poderán participar neste concurso de fotografía no que vos pedimos que plasmedes lugares históricos do concello (castros, pazos, cruceiros, pontes, igrexas, balneario, hórreos, campamentos romanos, mámoas, dolmens, petróglifos, fontes, petos de ánimas...). As fotografías serán enviadas aos correos de Movealingua e da Biblioteca movealinguatouro@gmail.com e bibliotecacpifontediaztouro@gmail.com. As fotos deberán vir acompañadas dos seguintes datos: autor/autora da foto, lugar e descrición e, se é posible, data ou época. A data límite para enviar os correos é o luns 2 de decembro. Terase en conta para a resolución do premio a calidade da fotografía e que cumpra as bases do concurso.
O día 30 de outubro os alumnos/as que o desexen poderán vir caracterizados ao colexio con disfraces relacionados co Samaín.
O libro de Receitas dos avós: animámosvos a que nos mandedes receitas vencelladas á historia das vosas familias, receitas típicas das vosas celebracións familiares, doces ou salgadas e de calquera época do ano. Para iso, mandarémosvos un modelo que poderedes cubrir coa axuda dos vosos fillos/as. A data límite para entregar as receitas é o mércores 30 de outubro.
O día 4 de novembro cúmprense 50 anos da inauguración do noso cole. Para festexar esa data tan significativa queremos facervos a seguinte proposta: o día 5 de novembro propoñémosvos vir vestidos dos anos 70, recordando ese primeiro día de funcionamento do centro. Animámosvos a que veñades con vestimentas que recorden a esa época alumnado, profesorado, persoal non docente e as familias que veñades traer e/ou buscar á rapazada.
O EDL e o Equipo de Biblioteca do CPI Fonte-Díaz en Touro quere agradecer de antemán o traballo de todos e todas. Esperamos que poidades colaborar para practicar o Samagosto, esa festa inventada en Touro hai uns anos e que promete moito. Grazas de novo!
ENL e o EB do CPI Fonte-Díaz
Formación de usuarios e usuarias
Benvid@s un curso máis!
Pouco a pouco imos comezando as actividades da biblioteca. Xa está aberta nos recreos de Secundaria, xoves e venres compartido cos de Primaria e Infantil, e moi pronto faremos a inauguración oficial para presentar o proxecto, repartir os pasaportes lectores e facer entrega das mochilas viaxeiras.
Mnetres , o que xa imos facendo, é a formación de usuarios, neste caso do alumnado voluntario de Primaria, que moi pronto comezará a facer as súas gardas de recreo. Por ese motivo reuníronse na biblioteca para coñecer o funcionamento da mesma, así como das súas funcións. Foi unha xornda diferente, na que compartiron con nós a súa ilusión, así como o seu nerviosismo ante a nova situación para moitos deles. Moitas grazas pola vosa colaboración, todo irá moi ben!
Vídeo resumo do curso.
Pouco a pouco chegou o final deste curso no que o bosque foi o protagonista no noso centro. Para despedirnos deste ano académico deixámosvos o vídeo co resumo das actividades que se levaron a cabo no noso centro. Non están todas, foi moito o traballo que se fixo ao longo do curso por parte de toda a comunidade educativa, polo que non podemos máis agradecidas. Moitas grazas por toda a colaboración! Agardamos que pasedes un moi bo verán e que gocedes de moitas lecturas. Vémonos en setembro coas pilas ben cargadas para celebrar o 50º aniversario do cole e ,con el, o que será o noso Ano da historia!
Bo verán e felices lecturas!
O Equipo da biblioteca do CPI Fonte Díaz
Obra de teatro "Los últimos días"
Hoxe queremos compartir a obra de teatro levada a cabo polo alumnado de 6º de Primaria que leva por título "Los últimos días". Representárona para todo o alumnado de infantil e primaria e agora queremos que a gocedes tamén por aquí, agardamos que vos guste!
Coñece o teu concello
Ao longo deste curso, o alumnado de Proxecto Competencial de 1º de Primaria estivo a traballar sobre o concello. Con todo o traballo desenvolvido ao longo do curso elaboraron un programa de radio que agora queremos compartir con todos vós. Espero que vos guste!
Despedida da biblio
O último día de curso aproveitamos para facer a despedida do curso na biblioteca. Todos os cursos de Infantil, Primaria e Secundaria pasaron pola biblioteca para despedirnos do proxecto que nos acompañou ao longo de todo o curso, o bosque. Fixémolo vendo o vídeo no que resumimos todas as actividades levadas a cabo ao longo do curso, que pronto subiremos aquí, e repartindo as recomendacións lectoras para o verán. Así mesmo, comentamos que os días 26 e 27 de xuño a biblioteca estaría aberta para que puidesen levar lecturas para o verán. Pouco a pouco imos achegándonos ao final deste curso e pronto desevarevos un bo verán!
Lectura e familias
Este curso entramos a formar parte do programa Lectura e familias. Ao longo do curso os pais e nais do alumnado de infantil, etapa na que se centraron as actividades, participou activamente no desenvolvemento de obradoiros.
Aproveitando a celebración dos aniversarios dos seus fillos e fillas, os pais e nais prepararaban e poñían en práctica distintos obradoiros para todo o alumnado da aula. Eses obradoiros estiveron, ademais, relacionados co PDI de centro, o bosque. Así fixeron máscaras, coroas, figuras con elementos do bosque... Leron contos centrados en animais do bosque e relataron as súas experiencias paseando polos bosques da contorna.














.png)























.jpg)


.jpg)
.jpg)








.jpg)
.jpg)
.jpg)



































.jpg)



